
“La situación en que se encuentra el inmueble supone, indudablemente, un grave inconveniente para que los propietarios afectados disfruten de su propiedad”. Deste xeito tan claro se expresa a Fiscalía Provincial de Lugo sobre a situación do número 24 da Avenida da Coruña.
O longo proceso deste expediente, que comeza no ano 2017, amosa a desidia, o pouco traballo e o desinterese de PSOE e BNG polos problemas reais que afectan aos veciños de Lugo.
No seu momento, xa o goberno municipal podía ter escollido entre duas solucións posibles e optou pola que dilata máis os procesos; ademáis, o propio concello dilatou os prazos de xeito inaceptable: Cando o propietario pediu indicacións das obras que tiña que realizar en xuño do 2018, non contestaron ata abril de 2019; case un ano para dicir o que se tiña que facer.
A través das sucesivas iniciativas presentadas polo grupo municipal do PP ao longo deste mandato, o bipartito síntese forzado a aceptar elixir a vía desvotada fai tantos anos: A da ejecución subsidiaria, aprobada en setembro de 2024.
Nembargantes, o bipartito non amosou en todo este tempo avance significativo algún, polo que o grupo municipal do PP esixiu a convocatoria dunha xunta xeral extraordinaria de EVISLUSA (a infrautilizada Empresa Pública Municipal de Vivenda e Solo de Lugo) para tentar continuar co proceso, pois do estudo da documentación dispoñible, todo parecía indicar que o bipartito ía sacar a licitación un proxecto infradotado económicamente, co que quedaría deserto, retrasando unha vez máis todo o proceso sen dar unha solución aos afectados.
Por iso, co obxectivo de que se corrixan e eliminen os perxuizos causados, o grupo municipal do PP, perante estes oito meses sen traballo nin avances por parte do goberno municipal, forza a xunta extraordinaria de EVISLUSA, que ven de celebrarse hoxe, martes, 6 de maio.
Sorprende que, perante a inacción e a desidia do bipartito en todos estes anos ao respecto deste tema, o goberno municipal correse a empregar as redes sociais corporativas do concello de Lugo para verter información sesgada sobre o asunto, presentando esta xunta coma unha solución definitiva cando o certo é que aínda lles queda moito traballo por facer.
Que hoxe aceptasen facer unha nova valoración da ejecución subsidiaria era imprescindible, pero esto non satisfai nin as nosas pretensións nin as dos afectados, polo que manterémonos vixiantes semana a semana ata acadar a licitación das obras, a correcta execucción das mesmas e que se restableza a legalidade urbanística, eliminándose os danos e perxuizos que veñen sufrindo os propietarios afectados dende hai tantos anos