Sen categoría

O PP esixe unha reacción contundente do alcalde polo veto de 2 concelleiras á Feira da Milagrosa e anuncia que levará este agravio á Valedora do Pobo

By 26 Maio, 2025Sin comentarios

Diante do silencio cómplice de socialistas e nacionalistas, a voceira do grupo municipal do PP, Elena Candia, amosouse contundente e certeira: “o que ocorreu é inadmisible nunha democracia, fomenta o odio, a división e rompe coa convivencia marcando un precedente que nunca debería repetirse”.

Os populares tamén solicitaron que o concello retire o financiamento a calquera asociación o Federación veciñal que prohíba a participación en actividades por motivos de ideolxía política.

As concelleiras Mar Carballas e Flor Rubinos presentarán ante o Valedor do Pobo unha petición de amparo, reclamando protección dos seus dereitos políticos e institucionais logo de que se lles impedise a asistencia ao pregón da Feira de productos do campo e artesanía da Milagrosa.

A voceira dos populares de Lugo deu a coñecer esta decisión nunha comparecencia que se celebrou esta mañá na que lamentou a complicidade do PSOE neste incidente: “a inacción de socialistas e nacionalistas lévanos a pedir o amparo da Valedora: o que ocorreu é inadmisible nunha democracia, fomenta o odio, a división e rompe coa convivencia e marca un precedente que nunca debería terse producido”.

Lexislación.

A denegación dun acceso a un local por pertencer a un partido político vulnera o dereito fundamental de participación en asuntos públicos, tal e como se recolle no artigo 23 da Constitución Española, así como noutras normativas como o decreto 226/2022 que regula aspectos de organización y desarrollo de espectáculos públicos (artigo 13-14-17).

Asemesmo, o delito de odio está tipificado no artigo 510 no Código Penal. Este artigo sanciona diversas consultas que incitan ao odio, a discriminación ou violencia contra persoas ou grupos entre outros motivos por ideoloxía.

Silencio cómplice

Os populares lamentaron que socialistas e nacionalistas, lonxe de condenar esta práctica excluínte, a fomentan co seu silencio. Pasaron tres días dende este veto inxustificable: “nin o PSOE, nin o alcalde, Miguel Fernández; nin o BNG fixeron nin un só mensaxe de apoio as afectadas”.

“O alcalde, a pesar de presumir de dialogante, amosou o seu verdadeiro talante porque o silencio é tamén unha forma de complicidade”.

“O que ocorreu onte provoca indignación e repulsa: hoxe foron dúas concelleiras, pero mañá podería ser calquera”, engadiu a voceira. “Se eu estivese no lugar de calquera dos cargos socialistas que alí asistiron, intentaría mediar”.

O PP reitera o seu rexeitamento a calquera xesto que ameace a convivencia pacífica e a pluralidade democrática en Lugo, e confía en que a intervención da Valedora do Pobo estableza un marco de garantías para impedir que se repitan esta situación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies