Sen categoría

O PP esixe explicacións polo coliving do Carme: “un ano despois, máis de 1,6 millóns de euros tirados nun inmoble baleiro e pechado”

By 26 Xuño, 2025Sin comentarios

Mar Carballas: “o edificio inaugurouse para a foto hai un ano, dixeron que era un proxecto vangardista que revitalizaría o Carme e hoxe é un símbolo do despilfarro xunto o Impulso Verde, as Caldas ou o carril bici”

Mañá venres se cumpre un ano da inauguración do chamado “coliving de artistas” do Carme. O goberno local anunciou que este proxecto sería un motor de dinamización cultural e social. Un ano despois, a realidade é ben distinta: portas pechadas, ausencia total de actividade e un edificio baleiro que acumula telarañas e promesas incumpridas.

Desde o Grupo Municipal Popular denunciamos que este proxecto é outro máis do goberno local que simboliza o despilfarro do bipartito. En total, os lucenses pagamos para a foto da inauguración máis de 1,6 millóns de euros (1.059.221 € en expropiacións e máis de 600.000 € en rehabilitación e posta en marcha).

“É indignante. Mentres os veciños reciben os recibos do IBI con subas notables, comprobamos como se malgastan os seus cartos en proxectos sen planificación, sen xestión e sen futuro. Este é o modelo do PSOE e o BNG: máis impostos para pagar os seus derroches”.

No vindeiro pleno municipal, o Grupo Popular solicitará explicacións concretas sobre a programación do coliving. A edil popular Mar Carballas explica: queremos saber que ten pensado facer o goberno local con este edificio e ata cando vai seguir sen uso deteriorándose.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies