#LugoaExameCulturaTransparenciaXestión

O PP di “foi o Lugo Máxico máis caro da historia, cun orzamento de 48.000 € e no que menos actividades houbo”

By 28 Outubro, 2024No Comments
  • Unha proba do fracaso da xestión nacionalista é que nas tres galas do Gustavo Freire só ocupou unha media dun 37% do aforo.
  • O sectarismo dos nacionalistas “que só gobernan para os seus” está acabando con eventos tan queridos e consolidados como o Lugo Máxico, o mesmo fixeron coa Banda, coa Escola de Música e co San Froilán.
  • O edil do PP Javier Vázquez explicou que o Lugo Máxico de 2024 alcanzou o maior orzamento da súa historia (48.000€) pero reduciu o número de actividades” con respecto a anos anteriores. O popular indicou que chegou haber ata 59 actividades e cun presuposto menor en alusión á edición 2019 onde o orzamento foi de 40.000 €.

     

    Tamén resulta paradóxico que nos anos de pandemia (2020 e 2022) se realizasen máis actividades que este ano a pesar das restriccións sanitarias.

     

    2015 – 39 actividades programadas;

    2016 – 50;

    2017- 37;

    2018 – 42;

    2019- 59;

    2020 – 31 (pandemia)

    2021- 38  (pandemia)

    2022 decídese o cambio de productora e fanse actividades.

    2023, non se fixo (coa excusa de “falta de orzamento)

    2024 -16 (o máis alto orzamento da historia diste evento)

     

    O popular concluía como “a decisión unilateral do BNG de cambiar de productura no ano 2022 foi negativa, na cantidade da programación e a organización das mesmas, tal e como se puido visualizar tanto nas galas como nas actividades da rúa con apenas público.

     

    Na comisión do venres a concelleira Maite Ferreiro recoñeceu que decidiron cambiar as ubicacións e que optaron por representacións de maxia nos barrios confirmando que deixaron de ir a ASPNAIS, COGAMI, ADACE … centros de día, ociotecas, casa das linguas ou MIHL

     

    Para Javier Vázquez “un evento cun maior financiamento e que xa alcanza a décima edición debería traducirse nunha oferta máis diversificada e atractiva”. O BNG intenta maquillar os datos e na comisión de contas que se celebrou o pasado venres a edil Maite Ferreiro á pregunta do Grupo Municipal de cantas entradas se venderon para as 3 galas celebradas no Auditorio Gustavo se nos contesta que participaron “1300 persoas”  e que o número de invitacións repartidas foron 340. Esto significa só se ocupou o 37% do aforo.

     

    Fronte a este fiasco o popular indicaba como as dúas galas do Lugo ilusiona que organizou a  Xunta tivo un cheo do aforo na mesma ubicación polo que conclúe que “algo falla na organización deste evento por parte do Concello de Lugo”.

     

    Nese senso criticou a falta de transparencia no desglose de gastos para xustificar por que, cun orzamento máis alto a oferta sexa máis limitada. Queremos saber os motivos polos que se nos oculta esta información, e porque non figura no expediente detalles sobre os orzamentos de magos contratados. A resposta que nos deron é que se fan contratos artísticos a cada grupo e que cando se presenten as facturas os  poderemos ver.

     

    Manteñen co Lugo Máxico o mesmo sistema de falta de transparencia e opacidade que cos gastos do San Froilán. O sectarismo dos nacionalistas que só gobernan para os seus está acabando con eventos tan queridos e consolidados como o Lugo Máxico, o mesmo fixeron coa Banda, coa Escola de Música e mesmo co San Froilán.

     

     

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies