
Impulsaremos unha campaña informativa para visibilizar a urxencia de arranxar a rede de saneamento e abastecemento de Fermín Rivera no barrio da Ponte unha vía que sufre reiterados cortes de auga, o último estes días de Nadal.
Lugo, 26 de decembro de 2025
• A vía foi cedida en 2020 ao concello pola Deputacion sen facerlle obras ou acondicionala, unha circunstancia totalmente anómala que PSOE e BNG aceptou sen esixir garantías
• En 2022, se anuncia un protocolo para a súa mellora que, á vista dos feitos, quedou en mera propaganda
O Partido Popular de Lugo puxo hoxe o foco na situación que sofre a rúa Fermín Rivera, onde os cortes no subministro de auga son moi frecuentes, o último estes días de Nadal afectando a vivendas, negocios e instalacións deportivas como o Club Fluvial.
Non se trata dun problema novo nin puntual. É a consecuencia directa dunha rede obsoleta, que require dunha renovación integral e que o propio goberno local recoñeceu nos seus orzamentos para este 2025 onde figuraba unha partida de 100.000 euros destinada á renovación do saneamento, abastecemento e pavimentación de Fermín Rivera.
Pero os cartos que tiñan reservados para esta actuación retiráronse: o 30 de setembro de 2025, o Concello aprobou un decreto polo que se modificou o plan de investimentos, desviando eses fondos para impulsar outras actuación no barrio do Castiñeiro.
Cómpre lembrar que o Concello recibiu a titularidade de Fermín Rivera en 2020, trala cesión da Deputación Provincial da LU-P-2911 e que aceptou a súa propiedade a pesar de que presentaba unhas deficiencias importantes.
En marzo de 2025 anunciouse un Protocolo, esta declaración de intención entre o Concello, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil non non confirma ningún compromiso ou dotación económica por parte de ningunha das duas administracións.
Dende o PP de Lugo lembran que non se pode falar de plans estratéxicos nin de integración do río mentres se manteñen canalizacións que rebentan unha e outra vez.

