Sen categoría

O PP denuncia que o avance do San Froilán confirma que a Comisión de Festas é un paripé sen participación real

By 20 Xuño, 2025No Comments

O Grupo Municipal Popular de Lugo, única
forza da oposición e lista máis votada nas eleccións municipais, denuncia a
falta total de transparencia e diálogo por parte do goberno local na
organización das festas do San Froilán.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro (BNG), vén de presentar un avance
do cartel musical —con artistas como Tanxugueiras, Xoel López ou El
Consorcio— sen informar previamente na Comisión de Festas nin permitir
ningún tipo de achega por parte do PP, que conta cunha batería de
propostas preparadas pero que, ata o de agora, non puido presentar debido
á falta de canles reais de participación.

Na última reunión da Comisión non se compartiu ningún contido do programa
nin se deu oportunidade para o diálogo. Agora, enterámonos pola prensa.
Esta maneira de actuar demostra a súa nula intención de conseso. Isto é
simplemente un engano.

Dende o PP reclamamos respecto institucional e un cambio de actitude
urxente por parte do goberno local. O San Froilán é patrimonio de todos os
lucenses, e non pode seguir sendo xestionado de forma opaca, excluínte e
partidista.

Non debemos esquecer que o goberno local manexa un orzamento de cerca
de un millón de euros de todos os lucenses para estas festas.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies