Sen categoría

O PP denuncia que o Auditorio de Fuxan os Ventos leva tres meses pechado o que confirma que se inaugurou únicamente para a foto

By 28 Agosto, 2025Sin comentarios

• Critican que esta dotación esté secuestrada polo BNG, coa complicidade do PSOE, e relaman unha ordenanza propia que regule o seu uso

O Partido Popular denuncia que o novo Auditorio Fuxan os Ventos, inaugurado en decembro de 2024 tras máis de 20 millóns de euros de investimento, leva todo o verán pechado. “A última actuación foi en maio e a próxima, se non hai cambios, non será ata o 20 de setembro”, sinala o concelleiro Javier Vázquez.

Desde o PP reclaman a aprobación urxente dunha ordenanza específica de uso que garanta criterios claros e públicos para a programación e a cesión do espazo. “Este equipamento cultural, que debería ser un motor de actividade para a cidade, converteuse nun símbolo do sectarismo e do control político. Está literalmente secuestrado para o uso de quen interesa ao responsable de Cultura, e non nos referimos precisamente ao concelleiro”, engaden.

Os populares aseguran que administracións e colectivos culturais solicitaron utilizar o auditorio sen obter resposta do goberno local, o que evidenciaría “a falta de vontade de abrir este equipamento á cidadanía”.

“Lugo merece un auditorio aberto, activo e accesible. Lugo merece cultura con maiúsculas, non propaganda encuberta nin instalacións pechadas por interese político”, conclúe Vázquez.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies