Sen categoría

O PP defende que as decisións que afectan directamete aos lucenses teñen que ser ben explicadas, con participación e transparecia, e intentar consensualas

By 18 Decembro, 2025Sin comentarios
  • Socialistas e nacionalistas rexeitaron as emendas que vimos de presentar á ordenanza de Zona de Baixas emisións criticando a súa atropelada tramitación; a falta de tempo para o estudio dos documentos e que se vulnerasen os dereitos á participación política; e que é o mesmo modus operandi que fixeron co Plan de Mobilidade cuxa aprobación tamén se fixo pola porta de atrás
  • A ordenanza eleva o PMUS por riba do PXOM e cando entre en vigor adoptarase un conxunto de decisións que afectarán de maneira directa a particulares, veciños e negocios como implantar 35 quilómetros de carril bici ou eliminar prazas de aparcamento

O PP vén de presentar emendas á ordenanza de Zonas de Baixas Emisións (ZBE), aprobada polo goberno local o pasado venres 13 de decembro nunha xunta de goberno local extraordinaria ás 14.45 horas. O documento non nos foi facilitado ata o luns ás tres da tarde, o que supuxo dispoñer de apenas dous días para analizar unha ordenanza de enorme transcendencia para Lugo.

Máis alá da dificultade material para estudar un texto de máis de 100 páxinas de contido técnico complexo nun prazo tan reducido, desde o Partido Popular denunciamos que este procedemento vulnera o dereito á participación política e á información dos concelleiros, impedindo un debate serio, rigoroso e en condicións de igualdade.

 

Xustifican a transparencia e a participación  cunha consulta pública que se fixo o ano pasado, 15 días hábiles (18 de novembro do ano 2024) pero da mesma, parece hai dúbidas por parte de asesoría xurídica. No seu informe  exponse que se descoñece a autoría do proxecto técnico que serve de base para a aprobación da presente ordenanza así como, que non consta no expediente administrativo o resultado das consultas previas resultando chamativo que expresamente diga “se ven constaba no expediente administrativo remitido anteriormente un documento resume (sen asinar) das alegacións formuladas, non se realiza ningunha valoración a se as mesmas foron incorporadas nalgún caso ao texto da ordenanza ou os motivos polos que non foron tomadas en consideración, de ser o caso”. (11 Decembro 2025)

Este xeito de proceder non é un feito illado, senón que repite exactamente o mesmo esquema seguido co Plan de Mobilidade Urbana, aprobado tamén en Xunta de Goberno o pasado 19 de novembro. Temas tan sensibles como a regulación do tráfico, o acceso ao casco histórico ou a mobilidade urbana non poden aprobarse ás agachadas, de forma atropelada e sen dar marxe ao diálogo político nin á participación cidadá.

Hai que ter en conta que cando entre en vigor o PMUS se adoptarán decisións que afectan de cheo a particulares ou a negocios. Pode ocurrir que, por exemplo, se modifiquen zonas de aparcamento, eliminando prazas nun dos lados ou en ambas márxenes; que pasen a ser peonís, que deseñe un carril bici nunha rúa  (o PMUS contempla implantar 35 quilómetros)  e todo elo sen contar coa opinión da veciñanza

Esta ordenanza eleva o PMUS por riba do PXOM

A semana pasada o Partido Popular xa advertiu, nunha rolda de prensa, das carencias e contradicións do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Hoxe, á vista da tramitación da Ordenanza da Zona de Baixas Emisións, ese debate adquire aínda máis relevancia, xa que o goberno local pretende darlle ao PMUS un carácter normativo equiparable a unha ordenanza municipal.

 

Así se desprende do artigo 4 da Ordenanza da ZBE, no que se establece expresamente que “a implantación da ZBE debe estar integrada e ser coherente cos instrumentos municipais de planificación urbana, coa normativa de calidade do aire e de acción contra o ruído, así como coas medidas adoptadas polo Plan de Mobilidade Urbana Sostible”. Isto supón, na práctica, integrar o PMUS na ordenanza e outorgarlle forza normativa.

O propio PXOM, no seu artigo 150.2, establece de maneira literal a prevalencia das determinacións do PMUS sobre as do PXOM. É dicir, a través da Ordenanza da ZBE estase consolidando un modelo no que o PMUS pasa a estar por riba do planeamento urbanístico xeral, condicionando decisións clave en materia de tráfico, accesos, garaxes e mobilidade no casco histórico.

EMENDAS DO PARTIDO POPULAR: A nosa intención ao presentar estas emendas é mellorar a ordenanza e garantir que as decisións que afectan á mobilidade e ao medio ambiente non se fagan de forma apresurada e pola porta de atrás.

  1. Modificación ao texto articulado

Abuso de autoridade e actitude ditatorial. A proposta permite que o alcalde corrixa ao seu antollo un documento que debe ser aprobado en pleno. Incurrindo en vicios de nulidade evidente atribuíndo competencias ao rexedor por decreto. Trátase dunha actitude ditatorial. Propoñemos que esta competencia sexa devolta ao Pleno do Concello

Erros detectados:

  • Indícase que se aplicará a todo o termo municipal cando o ámbito que afecta é a Zona de Baixas Emisións
  • Outro erro do documento é que confunden Lugo con Gijón (non é unha boa referencia lembrar a sentenza que tumbou esta normativa)
  • Introducen conceptos que a propia ordenanza nin define como de “zona de especial sensibilidade”
  • Contradicións entre PMUS e Ordenanza ZBE: O Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) limita a unha praza  por vivienda preferiblemente no subsolo ou noutro   Este é o marco xenérico que se aplica para toda a cidade. Mentres tanto na Ordenanza ZBE se permite a adscripción de 2 prazas por vivenda ou negocio entrando en contraposición coa anterior normativa.
  • Esta discrepancia crea unha contradicción que podería facer que a medida non logre os seus obxectivos na reducción do tráfico no centro. O que pedimos na nosa alegación é que se elimine a prescripción do PMUS do ámbito do recinto histórico e que permaneza o que di o PEPRI.
  1. Ampliar o tempo de estacionamento para comerciantes de 30 a 60 minutos xa que están equiparando a actividade comercial local á da mensaxaería rápida.
  2. Progresividade nas restricións: A ordenanza establece restricións moi severas dende o inicio, sen dar tempo á cidadanía para adaptarse. Propoñemos un sistema de “autorizacións puntuais” para casos específicos, como as visitas ou xestións esporádicas, que permita unha transición máis suave cara á nova normativa.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies