Sen categoría

O PP de Lugo reclama que PSOE e BNG se sumen á proposta de Elena Candia para que a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública se instale en Lugo

By 21 Xullo, 2025No Comments

A voceira popular xa defendeu esta opción no ano 2022, e agora é o momento de que o goberno local e provincial fagan valer os intereses da cidade fronte aos do PSOE e Pedro Sánchez

O grupo municipal do Partido Popular de Lugo insta ao PSOE e ao BNG, como membros do goberno local e da Deputación, a apoiar sen ambigüidades a candidatura de Lugo como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, unha vez que o Senado vén de aprobar a súa creación e a norma regresa ao Congreso para o seu trámite final, votándose mañá no Congreso.

A portavoz popular, Elena Candia, xa reclamara no ano 2022 que Lugo acollera esta sede estatal, poñendo enriba da mesa argumentos sólidos que seguen vixentes: a existencia do Laboratorio Central de Saúde Pública, referente, dende 2014, en seguridade alimentaria e sanidade animal a nivel nacional; o Centro Integral de Saúde de A Residencia, xa en pleno funcionamento; e o feito de que Lugo cumpre cos requisitos marcados polo Ministerio, como contar con infraestruturas dispoñibles e estar nun territorio afectado pola perda demográfica.

Candia sinala que “Lugo está preparada e ten argumentos para acoller esta Axencia, pero agora é o momento de que PSOE e BNG deixen de mirar para outro lado e demostren, por unha vez, que están dispostos a poñer os intereses de Lugo por riba dos de Pedro Sánchez”.

Desde o PP de Lugo insisten en que “non chega con sacar fotos nin con declaracións oportunistas: queremos compromisos claros e pasos efectivos para defender a nosa cidade”. E engaden que “se PSOE e BNG non apoian esta proposta, estarán renunciando a unha oportunidade única para converter Lugo nun referente estatal e internacional en políticas de saúde pública”.

Os populares solicitan que o goberno local e a Deputación impulsen formalmente a candidatura de Lugo ante a Xunta de Galicia e ante o Goberno central, para que esta vez “non se volva deixar pasar unha oportunidade estratéxica para a cidade”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies