Sen categoría

O PP de Lugo esixe ao goberno municipal que recoñeza os seus erros e reaccione ante o fracaso da reforma do casco histórico.

By 8 Xullo, 2025No Comments

O Grupo Municipal Popular compareceu hoxe en rolda de prensa para denunciar a falta de planificación, transparencia e rigor na execución das obras do casco histórico de Lugo, oficialmente rematadas tras dous anos de traballos e máis de cinco millóns de euros de fondos municipais, ademais dunha importante achega europea.

O vicevoceiro, Ramón Cabarcos, lembra que o Partido Popular leva todo o mandato advertindo de que o resultado deste proxecto ía quedar moi lonxe das expectativas xeradas. “Vendeuse un modelo de humanización que non cumpriu cos seus obxectivos e que xerou máis frustración que melloras reais para os lucenses”, sinala.

O Grupo municipal popular levou ao pleno do Concello este asunto no mes de Xullo de 2023, o primeiro ordinario do mandato, amosando a gran importancia que unha obra de tal relevancia e custe tiña para a oposición.

Ademáis, no mes de novembro do mesmo ano, a petición do Partido Popular, celebrouse un pleno extraordinario sobre esta materia. Lamentablemente, PSOE e BNG opuxéronse tanto á colaboración coma ás propostas suxeridas.

Unha reforma cara e fallida

Os populares destacan que o proxecto de “humanización” acabou por converterse nun proceso de improvisacións continuas, que derivou en caos circulatorio, confusión cidadá e unha sensación xeneralizada de inseguridade para os peóns. A isto súmanse numerosas críticas técnicas, que cuestionaron publicamente algunhas das solucións adoptadas.

Ademais, zonas emblemáticas como a praza de San Fernando ou o monumento ao bimilenario na praza de Santo Domingo atópanse moi lonxe de ofrecer unha imaxe axeitada ou solucións equiparables ao que se tentou vender durante todo este largo proceso.
Improvisación, falta de diálogo e decisións políticas erróneas

O PP lamenta que PSOE e BNG, actuasen desde a imposición e a falta de diálogo, tanto coa cidadanía como coa oposición.
Como exemplo, mencionan o polémico remate do monumento ao bimilenario, que tras unha vaga de críticas e unha fallida xustificación baseada nun informe non vinculante de Patrimonio, será agora modificado, recoñecendo así implicitamente o erro cometido, pero mantendo o mesmo xeito de proceder, sen transparencia e baseado en improvisacións e golpes de efecto.

Unha man tendida e unha advertencia

O Grupo Popular insiste en que a situación actual é consecuencia directa da falta de planificación e do rexeitamento sistemático ás advertencias e propostas construtivas que, durante todo o proceso, realizaron desde a oposición. “Tendemos a man ao goberno para corrixir este despropósito, pero esiximos que se recoñezan os erros, que se escoite máis aos cidadáns e se recupere unha comunicación fluída e leal cos axentes sociais e coa oposición”.

Desde o PP subliñan que esta obra, ademais de ser cara, non logrou nin retirar vehículos do casco histórico, nin recuperar a dignidade que merece un entorno cun valor histórico tan grande, nin xerar un modelo de mobilidade claro, útil e respectuoso coa identidade da cidade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies