Infraestruturas

O PP apoia á veciñanza de Fermín Rivera que di “basta xa” ao abandono da rede de abastecemento

By 8 Xaneiro, 2026Sin comentarios

A voceira do Grupo Municipal Popular, Elena Candia, mantivo onte unha reunión coa directiva do Club Fluvial de Lugo e coa Asociación de Veciños San Lázaro, do barrio da Ponte, para abordar o mal estado da rede de abastecemento na rúa Fermín Rivera e a súa contorna.

Durante o encontro, a veciñanza advertiu da inseguridade que xeran os constantes rebentóns das canalizacións, que provocan cortes de subministro que afectan no día a día dos residentes e da actividade desta sociedade deportiva que hai nesta zona. Trátase dunha situación reiterada no tempo, sen solución nin prazos concretos, malia tratarse dun servizo básico de competencia municipal.

Os representantes veciñais trasladaron tamén o seu cansazo ante o incumprimento continuado das promesas do Concello, denunciando que a renovación da rede de abastecemento de Fermín Rivera segue sen acometerse, a pesar de que existían fondos consignados que finalmente foron desviados a outras zonas da cidade, deixando sen resposta unha demanda urxente e xusta.

O Grupo Municipal do PP púxose á disposición da veciñanza para facer forza conxunta e corrixir o esquecemento que sofre esta rúa. “Estamos a falar dun servizo esencial, que afecta á calidade de vida das persoas”, subliñou.

A presión veciñal funciona: o exemplo da rúa Milagrosa

Desde o Grupo Popular lembran que esta reivindicación enlaza directamente co acontecido recentemente na rúa Milagrosa, onde o traballo constante da veciñanza, xunto co apoio do PP, conseguiu que o Concello de Lugo rectificase e accedese a  incorporar, finalmente, o saneamento ás obras que xa se están a executar.

Grazas á presión veciñal e política, o Concello viuse obrigado a revisar o proxecto da obra e por fin se renovará o saneamento tal e como pedimos en pleno no pasado mes de outubro;  un asunto que tamén presentamos á Valedora do Pobo que admitiu a trámite a nosa reclamación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies