
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Lugo quere felicitar publicamente ao Goberno local pola recente obtención de 8.730.304 euros procedentes de fondos europeos, unha importante inxección económica que, ben xestionada, pode contribuír á mellora da cidade e da calidade de vida dos seus veciños.
Os populares valoran a labor de Paula Alvarellos coma alcaldesa que presentou este proxecto e o esforzo de Isabel Villamor e de todos os demáis empregados públicos que fixeron posible a tramitación e consecución destes recursos, fundamentais para impulsar proxectos de futuro en Lugo.
Porén, desde o Grupo Popular lembran que estes fondos non son gratuítos para o Concello, xa que supoñen unha cofinanciación do 60%, o que implica que o Goberno local deberá achegar case seis millóns de euros das arcas municipais, é dicir, do peto dos lucenses.
Por este motivo, o PP esixe ao alcalde e ao seu equipo que actúen con responsabilidade, criterio e máxima transparencia na planificación e execución dos proxectos financiados, garantindo que cada euro investido reverta nun beneficio real para a cidade.
“Non podemos volver caer nos erros do pasado, con actuacións como o Edificio Impulso Verde, as Caldas ou o carril bici, que supuxeron un gasto moi elevado sen achegar valor engadido nin responder ás necesidades reais dos veciños”, sinalan os populares, que tamén reclaman comunicación e consenso: “Están prantexándose intervencións na avenida da Coruña que impricarían un forte impacto na movilidade e tales decisións deberan realizarse acadando o máximo consenso posible, evitando situacións de rexeitamento dos veciños, coma no caso do Castiñeiro”
O PP pide que se planifiquen ben os pasos a dar, con proxectos realistas, ben dimensionados e consensuados, que non se converta esta oportunidade nunha nova ocasión perdida para Lugo. A cidade merece investimentos útiles, sostibles e con retorno social e económico claro.