Sen categoría

O PP ampliará a campaña informativa sobre o novo plan de mobilidade do PSOE e do BNG a colectivos de discapacitados, de emerxencias e empresas de distribución

By 6 Marzo, 2026Sin comentarios

O Grupo Popular ampliará a campaña informativa que está a desenvolver sobre o novo plan de mobilidade aprobado polo goberno local de PSOE e BNG.

 

Despois de celebrar catro das oito reunións explicativas, abertas á veciñanza, en barrios da cidade e, ante a boa acollida da cidadanía, darán un paso máis. Vanse organizar encontros sectoriais. con entidades vinculadas á discapacidade, cos equipos de emerxencias e con empresas e profesionais da distribución, xa que son ámbitos nos que a organización do tráfico, os accesos ou as zonas de carga e descarga teñen unha incidencia directa no seu día a día.

 

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia, explicou que o obxectivo é que colectivos que dependen especialmente da mobilidade poidan analizar con detalle como lles afectan os cambios que recolle o documento.

 

Política útil, exercicio de transparencia

Desde o PP lembran que a apertura dun prazo de alegacións ao documento produciuse despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitise a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polos populares, fronte ao intento do bipartito de aprobar o plan sen debate no pleno nin as garantías xurídicas necesarias.

Para os populares “as decisións que afectan directamente á mobilidade dos lucenses non poden adoptarse sen transparencia nin consenso”. Neste sentido, sinalou que a apertura do prazo de alegacións, que remata o 18 de marzo, confirma que o plan non estaba aprobado definitivamente”.

As reunións da vindeira semana

 

REUNIÓN MILAGROSA, LUNS 9 DE MARZO, ás 20.30 horas no Local Parroquial, na Praza da Milagrosa.

REUNIÓN A RESIDENCIA, MÉRCORES 11 DE MARZO, ás 20.30 horas na Sede do Partido Popular (Ramón Cabanillas, 14)

REUNIÓN FONTIÑAS, XOVES 12 DE MARZO, ás 19.00 horas no Centro de Convivencia Maruja Mallo

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies