Sen categoría

O PP alerta que no servizo de bombeiros hai 9 prazas sen cubrir e reclama reforzos na estrutura de mandos, un administrativo así como a actualización das instalacións

By 6 Maio, 2025Sin comentarios

Ameijide afeou ao goberno local, xa que no pleno de hai seis días, responderon a unha pregunta do PP que dixera que xa había xefe de bombeiros cando día de hoxe o nomeamento non está amparado en ningún documento oficial

Os populares tamén insisten en que neste momento está sen aclarar a situación do servizo de protección civil e recriminan ao goberno local que en cuestións que afectan á salubridade como o peche das duchas por lexionela e a necesaria mellora das instalacións non se abordasen nas reunións de traballo co gabinete de alcaldía por unha suposta falta de tempo

Martes 6 de maio de 2025.- Concelleiros do Grupo Popular visitaron hoxe o Parque Municipal de Bombeiros de Lugo para comprobar a situación real do servizo

No plano organizativo, o Grupo Popular alerta da falta de efectivos e dunha estrutura de mando estable e reforzada para dar cobertura a baixas, vacacións e permisos, imprescindible para garantir a operatividade do servizo. A día de hoxe, o sarxento xefe atópase de baixa médica de longa duración, e só hai un cabo por quenda, polo que cando se atopa de baixa ou permiso, a estrutura de mando desaparece ou hai que cubrir con outros efectivos dobrando turno.

Neste contexto, criticaron a improvisación do Goberno local, que “reacciona só cando hai control do PP”. Como exemplo, Antonio Ameijide lembrou que “o mesmo día que levamos ao pleno unha pregunta sobre a cobertura da praza de sarxento xefe, o Goberno local informaba nun medio de comunicación o nomeamento provisional de Óscar Freire por tres meses como sarxento xefe. Un parche, non unha solución”, indicou “que por certo, 6 días despois, todavía non tivemos acceso ao decreto que oficialice ese nomeamento anunciado en prensa”. A decisión chega despois de que os demais cabos rexeitasen asumir esta responsabilidade

O que reclamamos dende o Grupo Popular:

• Revisión urxente da Relación de Postos de Traballo para reforzar a escala de mandos, xerando unha figura adxunta ao sarxento xefe e estudando a posibilidade de duplicar os mandos intermedios
• Substitución efectiva e estable do sarxento xefe
• Plan para o reforzo do servizo adiantándose ás baixas que poidan ser previstas, xubilacións e novos destinos dos actuais bombeiros
• Creación dunha praza de administrativo para levar a cabo tarefas administrativas e burocráticas do servizo
• Actuacións de mellora e actualización das instalacións, incluíndo medidas inmediatas fronte á lexionela e ao control de pragas.

Situación actual bombeiros

Na actualidade, segundo a relación de postos, o servizo debería contar con 56 efectivos (1 sarxento, 5 cabos e 50 bombeiros). A día de hoxe hai 9 vacantes: o sarxento está de baixa, hai 41 bombeiros en activo, un pode xubilarse xa este mes. Ademais, hai 3 de permisos por paternidade e 10 interinos que poderían deixar Lugo en calquera momento se acceden a praza noutro destino.

A única resposta que recibiron do equipo do alcalde sobre a situación dos bombeiros foi dicirlles que ‘levamos poucos meses gobernando’, cando levan 26 anos no poder. E sobre a revisión da RPT, anuncian que tardarán aínda tres meses máis. A realidade é que sobran excusas e falta xestión”, conclúe Ameijide

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies