Sen categoría

O PP alerta do abandono do MIHL: “eventos cancelados, actividades fantasma, recursos interactivos fóra de servizo, desprendementos e goteiras”

By 20 Maio, 2025Sin comentarios

Agustín Gallego lamenta que “a pobreza de contidos e o seu deficiente
mantemento dá unha mala imaxe aos turistas” sinalando que “é un
espazo que está desaproveitado e desanxelado”.

Solicitamos un informe técnico completo sobre o estado do MIHL; e o
expediente relativo á actividade de danza que se anunciou para o
pasado venres 16 de maio xa que despois de comprobar en persoa
non atopamos rastro desta actividade.

O Grupo Municipal do Partido Popular visitou
esta mañá o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) para denunciar o
estado de abandono dun espazo que naceu como o gran proxecto cultural do
PSOE e que, hoxe, nin é museo, nin é interactivo.

O concelleiro Agustín Gallego lembrou como “o MIHL custou sete millóns de
euros e foi presentado como un referente vangardista para divulgar a historia
da cidade”:

“Trece anos despois da súa inauguración, o edificio carece de
contido definido, a zona da exposición permanente está pechada e baleira,
os elementos tecnolóxicos non funcionan e o espazo converteuse nun
multiusos sen identidade museística”.

O edil popular recriminou que os PSOE non fose quen de coidar a súa obra
insignia. Gallego lembrou como o exalcalde socialista Orozco, que impulsou
este proxecto, chegou a comparalo coa Casa das Ciencias da Coruña.

“A realidade é que esa comparación hoxe soa case a burla, mentres outras
cidades apostan por espazos vivos e divulgativos, Lugo ofrece un edificio
baleiro e sen proxecto.unha estratexia cultural para a cidade.
Lamentablemente a situación deste Museo é vox populi incluso en
plataformas dixitais como Google onde se comenta o grao de abandono do
museo: salas pechadas, contido escaso, elementos tecnolóxicos inoperativos…
Lugo non pode permitirse ofrecer esta imaxe a quen nos
visita.

Desde o Grupo Municipal Popular, Agustín Gallego propón unha revisión
integral dos contidos do MIHL, a reparación inmediata das deficiencias
técnicas e a recuperación do uso museístico da Caixa Negra, para que o
museo cumpra por fin o obxectivo para o que foi creado: ser un espazo vivo
e divulgativo da historia de Lugo.

Mala xestión en serie

O sucedido co festival We Tattoo Lugo é só o último exemplo dun
despropósito absoluto na xestión cultural do Concello por parte do BNG. Os
organizadores víronse obrigados a cancelar un evento internacional xa
anunciado, logo de descobrir as graves deficiencias do Museo nunha visita
para preparar o evento. Todo isto sucede sen recibir unha comunicación
oficial previa.

Non recibiron ningunha alternativa viable, e a resposta institucional foi
completamente insensible, chegando mesmo a negarlles o reembolso íntegro
que desembolsaron como garantía do alugueiro do Gustavo Freire que tiñan
contratado como espazo complementario.

A situación agrávase aínda máis cando comprobamos que o pasado venres
o Concello anunciaba uns obradoiros de danza contemporánea e tras
visitar o museo, tanto pola mañá como pola tarde, constatamos que non se
celebrou neste espazo a actividade. A pesar diso, ampliouse o horario do
persoal do MIHL mediante correo electrónico, o que implicará o pago de
horas extra por un evento inexistente.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies