
A falta de mantemento lastra os adestramentos dos deportistas, ademáis de aumentar o risco de lesións.
• O estadio Gregorio Pérez Rivera é o punto de encontro de atletas e deportistas de distintas modalidades deportivas. Nos seus inicios, era unha instalación modélica, moderna e de alto nivel que, co paso do tempo, precisa de reformas e obras que cada vez son máis urxentes.
• Damían Carballo sinala que a sustitución do tartán, moi deteriorado despois de tantos anos de uso, é unha obra de certa envergadura que imprica un orzamento considerable, pero tamén aprecia falta de interese en solucionar problemas de menor entidade que presentan as instalacións.
• Baixantes en mal estado que provocan humidades e goteiras no módulo cuberto, colchonetas de salto inutilizables, material de ximnasio roto ou con desperfectos, os fosos de salto cubertos cunhas lonas, os obstáculos da pista en mal estado, os reiterados problemas coas duchas de auga quente, as portas do módulo cuberto que están rotas… son moitas as pequenas cousas que precisan tamén dunha intervención para arranxalas e mellorar o día a día dos deportistas.
• Dende o grupo municipal do Partido Popular enténdese que é necesario afrontar unha profunda reforma do Pérez Rivera e que esta reforma ten que ser de calado (proxecto, financiación, execución…) pero que non é preciso agardar a que se fagan as grandes obras para acometer os pequenos feitos que poden mellorar as instalacións.
• Damián Carballo presentará en comisión unha serie de propostas para mellorar as instalacións, propostas que nacen da súa comunicación directa e habitual cos deportistas e da preocupación polo evidente deterioro das instalacións.
• Dende o grupo municipal do Partido Popular queremos lembrar ao concelleiro de Deportes que ter privatizado o servizo de mantemento das instalacións deportivas non exclúe a súa responsabilidade de control das instalacións e do traballo feito pola concesionaria.
• O mantemento é unha tarefa pendente en moitos ámbitos da nosa cidade, pero nótase especialmente nas instalacións deportivas, que semellan estar sempre sen rematar.
• Un bo exemplo deste abandono é que o desbroce das zonas perimetrais non se fai coa debida frecuencia e que, ademáis, cando se fai, os restos das polas cortadas rematan por caer na pista, o que presenta un risco engadido ao mal estado do tartán.
• Dende o grupo municipal do Partido Popular seguiremos a traballar, con lealdade institucional, pero con rigor e adicación, polo presente e o futuro do deporte lucense.