Sen categoría

O PP advirte que as solucións aprobadas por PSOE e BNG para diminuir risco de inundacions en Serra de Meira fracasaron

By 23 Abril, 2025Sin comentarios

• “Fernández e Arroxo avalaron, ata 4 ocasións en xunta de goberno local, este proxecto sen asesorarse coa veciñanza” puntualizando que “os feitos demostran que a obra que se fixo non evita inundacións e deixando a zona igual ou peor que estaba antes”

• No PP lamentan que “unha intervención que se vendeu como a solución definitiva para evitar inundacións nesta zona de Lugo, non só chegou tarde, senón que non cumpriu o seu propósito”

• A intervención, financiada con 600.000 euros pola CHMS e 177.500 euros do Concello de Lugo, aprobouse na Xunta de Goberno Local o 13 de marzo de 2024, despois de anos de atrasos. Con todo, o convenio entre a CHMS e o Concello asinárase xa en maio de 2021, e ao longo destes anos acumulou ata dúas addendas (en decembro de 2022 e decembro de 2023), sen avances reais.
Indignación veciñal

• As últimas chuvias rexistradas o pasado 11 de abril provocaron unha nova situación de caos: garaxes anegados, ascensores inutilizados, danos en vivendas e vehículos. Unha realidade que puideron comprobar de primeira man concelleiros do Grupo Popular, que visitaron o barrio e escoitaron a indignación da veciñanza

• “Viviron o mesmo pesadelo de sempre, e con razón están fartos. Isto non é unha solución, é unha chapuza que custou case 800.000 euros de fondos públicos”.

• Desde o PP lembran que a Xunta de Galicia tiña reservada dende o ano 2018 unha partida de 500.000 euros para unha actuación complementaria na zona, que nunca puido executar pola falta de xestión e coordinación por parte do Concello.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies