InfraestruturasTransporte

O PP acusa a Miguel Fernández de vender fume, tras 10 anos con responsabilidades no goberno, e de conformarse con estudos mentres Lugo segue sen un tren digno

By 18 Xuño, 2025No Comments

• A veciñanza está farta, hai unha gran frustración social ante un alcalde que leva encadeando anuncios de protocolos e estudos que nunca se traducen en investimentos nin melloras reais.
• O PP pregúntase se da “satisfacción” que Miguel Fernández amosou hoxe tras a súa reunión co presidente de Renfe tamén sairá unha nova perda de servizos, igual que pasou o pasado 26 de maio, cando tras reunirse co Secretario de Estado, o único que conseguiu foi que nos quitasen unha frecuencia a Madrid

Mércores 18 de xuño de 2025.- O Grupo Municipal Popular lamenta que o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, no cando de defender Lugo con firmeza, volva vender como un éxito político un simple estudo sen prazos nin investimentos concretos, acordado co presidente de Renfe, sen ningún tipo de compromiso real por parte do Goberno central. “É indignante que o alcalde se poña medallas por sentarse a falar de facer un estudo, cando o que Lugo necesita son trens, frecuencias e investimentos xa”.
Os populares consideran que este novo anuncio encaixa na estratexia xa coñecida do PSOE: prometer moito, estudar moito máis… e non facer nada. “Entre o estudo de viabilidade da conexión con Santiago, que levan varios meses enredando sen resultados, e este novo ‘estudo-proposta’, o que fan é seguir dándolle patadas cara adiante a unha infraestrutura esencial para o futuro de Lugo
Para o PP, este novo anuncio é outro intento de maquillar a irrelevancia política dun alcalde sen peso, nin en Madrid, nin en Santiago, que se conforma con saír na foto mentres Lugo segue sendo a única cidade de España sen AVE.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies