Sen categoría

O pleno dos Orzamentos de Lugo confirma que o alcalde non ten mayoría, nin liderado

By 6 Febreiro, 2026Sin comentarios

Os populares aseguran que tralo debate sairon  fondamente preocupados pola reflexión coa que o alcalde pechaba a sesión, ao recoñecer publicamente que chegou sen saber cal ía ser o sentido do voto de cada concelleiro.

 

Unha afirmación deste calibre non é menor, porque evidencia unha enorme incerteza e unha preocupante falta de coordinación interna, impropia dun goberno que debe ofrecer estabilidade e seguridade nas decisións. Cando o propio alcalde admite que “nós non sabemos o que se vai votar aquí, esa prioridade cada un se marca; cada un de nós vota o que ten que votar”, reflicteque non hai liderado, e que Lugo está hoxe en mans dun goberno sen rumbo definido.

 

O QUE CONSEGUIMOS

 

Co apoio unánime, dos 25 concelleiros da corporación, conseguimos sacar adiante 3 achegas:

 

– Que nas bases de execucións para as subvencións para entidades sen ánimo de lucro se habiliten anticipos de pago

 

– Logramos dotación orzamentaria para que obras xa comprometidas e aprobadas en pleno sexan unha realidade como facer o saneamento de rúa Fermín Rivera; así como o orzamento necesario para renovación da rede de saneamento de Esperante.

 

– E con TRECE VOTOS acadamos o respaldo para que se bonifique o IBI e a eliminación da plusvalía aos propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación nas áreas de expansión xa que están a pagar como solo urbano sen poder construír.

 

SON UNHAS MALAS CONTAS

 

O goberno local presentou unhas contas con informes negativos; que incumpren a sostibilidade financiera,  porque gastan dez millóns de euros máis do que ingresan nos gastos correntes; incumpren a regra de de gasto; desoien as advertencias de que hai que frear ese gasto indiscriminado e non obrigatorio que segue medrando; chegando a unha débeda de 40M€.

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies