Sen categoría

O Partido Popular defende que Lugo conte coa UPR comprometida para reforzar a seguridade da cidade

By 3 Setembro, 2025Sin comentarios
  • Os populares lembran que hai un acordo do ano 2021 do Congreso dos deputados para crear esta Unidade de Prevención e Reacción na comisaría da Policía Nacional de Lugo. Foi o PP quen, o 12 de marzo de 2021, conseguiu que o PSOE votase a favor dunha Proposición non de Lei para reclamar a UPR para o noso municipio.

O Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo considera fundamental que a comisaría da Policía Nacional da nosa cidade dispoña canto antes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR). Trátase dun servizo especializado que achegaría arredor dunha vintena de axentes con formación específica, capaces de combinar a prevención da delincuencia co mantemento da orde pública e cunha resposta inmediata ante situacións de risco.

En palabras dos populares, “a mellor maneira de garantir a tranquilidade e a convivencia en Lugo é dotar ás nosas forzas de seguridade de máis medios e recursos. A UPR é unha oportunidade para mellorar a eficacia policial e reforzar a confianza da cidadanía”.

Neste sentido, o PP solicita ao Goberno local que traslade esta petición ao Goberno de España para que Lugo dispoña canto antes desta unidade.

Así mesmo, o PP subliña a importancia de avanzar no proxecto do novo edificio da Comisaría da Policía Nacional en Abella, xa que dende a cesión dos terreos ao Estado, en outubro do ano pasado, non houbo avances coñecidos. “Lugo necesita unhas instalacións modernas e adaptadas ás necesidades actuais. Non é só unha cuestión de infraestruturas, senón de garantir un servizo público á altura do que merece a cidade”, engadiron.

Os populares lembran que hai un acordo do ano 2021 do Congreso dos deputados para crear esta Unidade de Prevención e Reacción na comisaría da Policía Nacional de Lugo. Foi o PP quen, o 12 de marzo de 2021, conseguiu que o PSOE votase a favor dunha Proposición non de Lei para reclamar a UPR para o noso municipio.

O Partido Popular reafírmase no seu compromiso de impulsar propostas e solucións que garantan unha cidade máis segura, ordenada e con servizos de calidade para todos os lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies