Sen categoría

O novo Plan de Mobilidade certifica que o modelo do PSOE e do BNG fracasou

By 5 Decembro, 2025Sin comentarios

O documento que socialistas e nacionalistas aprobaron na xunta de goberno esta semana desminte os anos de propaganda sobre “Lugo verde”, “cidade biodinámica” ou “cidade dos 15 minutos”

  • Diagnose que confirma o fracaso: O documento fai unha comparativa do ano 2014 e confirma que os desprazamentos a pé pasaron do 54 ao 32% (pax 25); que o uso do transporte público non chega ao 6% (p.10)
  • Medidas que quere poñer en marcha o PSOE e BNG: o plan pretende reducir o uso do coche (do 61 ao 44% – p22); eliminar posiblidade de acceso en determinadas vías e  prazas de aparcamento e  cuadriplicar o carril bici (p.45 ) en zonas como Fontiñas e Ramón Ferreiro
  • Sen Transparencia: Iniciaremos unha campaña infomativa nos diferentes barrios de Lugo para informar á veciñanza de como vai afectar a implantación das medidas que recolle este documento
  • A parte económica do plan: Tempo perdido logo de gastar case 200.000 €. Destacar que nos 29 millóns de investimento previsto non figura ningún orzamento para aparcadoiros

1.DIAGNOSE QUE CONFIRMA O FRACASO DO MODELO DO PSOE E DO BNG:

 

O documento fai unha comparativa do ano 2014 e confirma que os desprazamentos a pé caeron en Lugo de maneira alarmante:

  • Os desprazamentos a pé pasan do 54 % ao 32 %, segundo o propio plan (Páx. 25). Isto significa que a mobilidade máis saudable redúcese case á metade.
  • Ademais, na páxina 26 recóllese que só o 19 % da mobilidade obrigada é a pé (traballo, estudo…).

 

O plan indica (na páxina 10) que o transporte público da cidade non supera o 6% de uso. Mentres tanto, o vehículo privado mantense en torno ao 35% tanto para desprazamentos laborais como non obrigados.

 

O documento recolle frases literais que certifican este fracaso:

 

  • “O vehículo privado aumentou de peso considerablemente, mentres que os modos activos e o transporte público sufriron un retroceso”.
  • “A oferta de transporte público está lonxe de ser competitiva e é incapaz de captar viaxeiros”.
  • “A maioría das liñas urbanas ten usos moi baixos” (páxina 56).

 

O plan admite incluso que será necesario abordar unha reordenación completa da rede de autobuses (páxina 61), o que implica recoñecer que a reordenación impulsada polo BNG é non funciona.

 

En desprazamentos por xestións familiares ou persoais (paxi 10) , o documento indica que en Lugo se utiliza máis o vehículo privado (44,2%) que os modos non motorizados (43,9%). Isto confirma que o transporte público non é alternativa nin para o día a día nin para ir ao traballo.

 

 

  1. MEDIDAS QUE QUEREN POÑER EN MARCHA: o plan que pretende reducir o uso do coche (do 61 a un 44% – p22) orienta as accións a eliminar posiblidade de acceso  en determinadas vías e  prazas de aparcamento así como  cuadriplicar o carril bici (p.45 ) en zonas como Fontiñas e Ramón Ferreiro

 

  • Non dan solucións ao aparcamento, cero euros nun investiemnto de 29 Millóns para facer estas infraestruturas, nin tan sequera os dous que eles mesmos propoñen en Praza de Alacante e Avenida Vilaverde.
  • O documento deixa claro que a prioridade será multiplicar os carrís bici existentes, pasando dos 12,2 km actuais a 35 km (páxina 45). Isto significa na práctica, eliminar máis prazas de estacionamento sen ofrecer alternativas reais.
  • A isto súmase a intención de instalar 350 novos puntos de aparcadoiro para bicicletas preferentemente na calzada (páxina 52), o que volve confirmar que o obxectivo non é ordenar, senón suprimir espazo para o vehículo e dificultar a vida diaria dos lucenses.
  • Outra das medidas que presenta o documento é impulsar as supermanzanas, unha medida que estaba prevista no primeiro Plan de Mobilidade que gardaron nun caixón
  1. A PARTE ECONÓMICA DO PLAN gastaron case 200.000 € para que recoñezan o seu fracaso: veñen de comprar un suspenso

 

Despilfarraron en 15 anos 177.504,80 euros:

  • Plan de Mobilidade (2014): 120.000 €
  • Actualización do PMUS (2022): 18.004,80 €
  • Proxecto de Zonas de Baixas Emisións (2024): 39.500 €

 

  1. PLAN FEITO SEN TRANSPARENCIA E SEN PARTICIPACIÓN. O Partido Popular impulsará unha campaña para dar a coñecer a folla de ruta que marca este Plan de Mobilidade achegándose as zonas afectadas polo novo trazado do carril bici, polas novas peonalizaciónes e polos puntos onde se farán reordenacións de tráfico.

 

 

En conclusión: O propio documento recoñece literalmente que: “En Lugo existe unha tendencia cara un modelo de cidade menos sostible”.

 

É dicir: logo de anos de anuncios, eslóganes e promesas de “Lugo verde”, “cidade biodinámica” ou “cidade dos 15 minutos”, o resultado real é xusto o contrario.

 

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies