Sen categoría

O novo alcalde pasa o rodillo a todas as alegacións aos orzamentos de 2025 renunciando ás melloras demandadas pola veciñanza e representantes dos traballadores

By 21 Marzo, 2025No Comments

• Elena Candia: “todas as peticións feitas contan co apoio do Grupo Popular porque responden a necesidades reais da cidadanía e dos empregados municipais

• Os populares lembran como nos orzamentos do ano pasado tamén o goberno local rexeitou as alegacións e logo asumiron propostas que lles fixeron polo que estremos viantes e insistiremos para que unha vez máis se emenden porque “cando rectifican acertan”

O Grupo Municipal do PP lamenta que o novo alcalde de Lugo empece o seu mandato rexeitando en bloque as alegacións que se presentaron aos orzamentos municipais de 2025. O goberno local inadmitiu 14 delas alegando “falta de lexitimidade” e desestimou as CATRO restantes, que son as que presentan os sindicatos e a xunta de persoal.

Esta decisión deixa en evidencia a falta de diálogo por parte de PSOE e BNG e que a propia xunta de persoal advirte na súa alegación indicando que non houbo “negociación colectiva preceptiva previa á aprobación dos orzamentos municipais, en concreto en relación á aprobación da plantilla municipal na que existen discrepancias con respecto a RPT” o que podería poñer en perigo a validez dos orzamentos.

En Lugo temos un goberno progresista de PSOE e BNG que vota en contra dos servizos públicos e rexeitan:

– Implementar de maneira efectiva a carreira profesional
– Reverter a privatización de servizos como o da reparación de avarías de auga e dotar as brigadas municipais de augas, vías e obras e parque móbil do persoal necesario
– Incluír partidas para asignar a xornada completa ao persoal de Servizos Sociais que conta con xornada ao 66%
– Dar cumprimento ás sentezas xudiciais que obrigan a este concello a realizar modificacións na plantilla
– Incrementar a partida para a formación en prevención de riscos laborais

Rexeitando estas alegacións é votar en contra de prioridades para a veciñanza como:

– A facer beirrúas que garantan o tránsito seguro en Virxe da Soidade, nas Gándaras, ou en ampliar a beirrarúa ata o cemiterio no barrio da ponte
– A eliminar tapóns urbanísticos como o de Escultor Asorei
– A cobrir o parque infantil da Fonte dos Ranchos
– De mellorar servizos na zona rural (plan plurianual que permita dotar aos núcleos do rural de abastecemento; taxi a demanda; plan de reparacións; mantemento e desbroces das estradas; o vaciado das fosas sépticas

A voceira popular cre que con esta actitude de rexeitar as peticións en bloque se desaproveita a oportunidade de mellorar a cidade e de atender ás demandas da veciñanza e traballadores municipais. Dende o Grupo Municipal seguiremos traballando para que estas necesidades non caian no esquecemento e para que Lugo teña uns orzamentos que realmente respondan ás necesidades do municipio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies