Sen categoría

O Grupo Municipal do PP Esixe a Actuación Inmediata de PSOE e BNG para garantir a seguridade e a convivencia.

By 7 Xullo, 2025No Comments

O PP de Lugo quere amosar a súa preocupación e indignación pola pasividade de PSOE e BNG diante dun problema de seguridade e orde pública que afecta directamente á veciñanza do barrio da Milagrosa.

A reapertura do after “Las Palmeras”, logo de ser pechado de forma temporal no 2023, pon de novo de manifesto a incapacidade do executivo local para garantir a seguridade dos cidadáns e poñer fin ás prácticas ilegais que levan anos sucedendo nese local.

“Las Palmeras” pechou, por decreto de Rubén Arroxo, ás portas das eleccións municipais. Hoxe, ten máis motivos aínda para pechar este local e evitar que sigan a vulnerar as normas de convivencia e seguridade na nosa cidade, con infraccións moito máis graves coma permitir o consumo de drogas no interior ou a denuncia contra da dueña por un delito de atentado contra axentes da autoridade.

O compromiso do PP

Non se pode tolerar que un local con tantos antecedentes de ilegalidade e risco social siga operando na nosa cidade. Non só teñen que pechar “Las Palmeras”, senón tamén outros que están a manter unha actividade similar na mesma contorna, convertendo as rúas en protagonistas da crónica de sucesos, coma acontence coa rúa Luís Seoane.

O PP ten claro que a prioridade debe ser a seguridade e o benestar de todos os lucenses, e non podemos permitir que se sigan tolerando os comportamentos ilícitos que tanto afectan á convivencia nos barrios.

Conclusión

Exiximos que o Bigoberno Local actúe de inmediato para pechar “Las Palmeras” de maneira definitiva e poña fin a esta situación que leva anos causando molestias e problemas de seguridade no barrio da Milagrosa.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies