Medio AmbientePraia Fluvial

O goberno local volve renunciar á praia fluvial con escusas sen fundamento e buscando culpables da súa propia inacción

By 24 Xullo, 2025No Comments

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo queremos denunciar, unha vez máis, a falta de planificación, seriedade e responsabilidade do goberno local respecto da apertura dunha zona de baño pública na cidade.
O pasado luns, o alcalde intentou xustificar a renuncia a habilitar a rampa de baño culpando á Xunta de Galicia. Asegura ter todo listo, mesmo co persoal de socorrismo contratado. Non obstante, o proceso de contratación estaba aberto ata as 23:59 horas dese mesmo día, polo que non se podía ter contratada ningunha persoa cando aínda non rematara nin o prazo para presentar ofertas.
Non hai ningunha diferencia co sucedido no ano 2024, o permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil é exactamente o mesmo que o do verán pasado, cando sí se colocou a rampa. O que mudou non foi a normativa, nin as autorizacións nin as condicións das autorización, senón a vontade do goberno local. O goberno insiste en crear un relato que busque culpables, non que busque solucións.
Todo parece indicar que o alcalde trata de emendar a labor realizada polos seus antecesores no cargo deixando ver unha vez máis as incogruencias dun proxecto mal concibido e peor executado. O certo é que, unha vez máis, Lugo queda sen praia fluvial, sen zona de baño público e sen alternativas reais ao lecer estival dos lucenses.
Unha vez máis o único empeño non é materializar o proxecto, é confrontar coa Xunta de Galicia, como pode verse nas publicacións realizadas dende a conta oficial do Concello de Lugo, todo paraece indicar pagadas con fondos públicos e co único obxectivo de atacar á administración autonómica.
O modelo de cidade que defende o grupo popular, como sempre manifestou nos plenos da corporación municipal, basease na colaboración entre as diferentes administracións, xa que esta colaboración non só suma esforzos, senón que multiplica resultados, sendo clave para sacar adiante proxectos que benefician a toda a cidadanía.
No modelo de cidade que defende o Partido Popular entende que espazos de baño público son irrenunciables. Levamos moito tempo privados deles e, tras ofrecer en varias ocasións a nosa colaboración, nunca foi aceptada. Ainda así seguiremos intendoo e, cando gobernemos, serán realidade. Nos vindeiros días compartiremos a nosa proposta para esta infraestrutura.
A Xunta de Galicia mantivo sempre unha actitude de colaboración institucional, como así o demostrou en múltiples ocasións. Non poden buscar un culpable externo cando dende o ano 1999 non foron capaces de sacar adiante un proxecto para ter unha zona de baño pública estable, segura e viable.
Estamos repetindo a mesma historia que en 2014. Entonces tamén solicitaron o permiso e, finalmente, renunciaron ao proxecto. Pasa o tempo e repítense os erros do pasado, segue a faltar seriedade e compromiso por parte de aqueles que toman as decisións no goberno municipal.
Os lucenses merecemos máis. Merecemos rigor, responsabilidade e unha zona pública de baño en condicións.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies