Sen categoría

O goberno local ten un déficit de xestión das actividades extraescolares dos CEIPS “o BNG privatiza o servizo e logo desenténdese das familias”

By 5 Marzo, 2026Sin comentarios

Caos nas extraescolares en sete colexios de Lugo: Onte canceláronse extraescolares en sete colexios de Lugo con avisos ao mediodía de que non habería monitores pola tarde

O goberno local sabía das incidencias continuas dende novembro e so iniciou o proceso sancionador trala reunión do PP, o 5 de febreiro, coas familias afectadas trala cal pedimos explicacións

Xoves 5 de marzo de 2026.- O Grupo Popular denuncia o caos no funcionamento das actividades extraescolares nos CEIPS de Lugo e critica que o BNG “privatice o servizo e despois desenténdese das familias”.

O último exemplo da caótica situación das extraescolares, que dependen do goberno local,  produciuse onte, cando se cancelaron actividades en sete centros educativos da cidade. En todos os casos, a dirección dos centros recibiron o aviso entre as 12.00 e as 13.00 horas.

“Para calquera nai ou pai é imposible reaccionar cun aviso a esa hora. Se o neno xa está apuntado a unha actividade é porque a familia conta con ese servizo para conciliar”, sinalan os populares. Ademais, cando os menores permanecen no centro porque quedan ao cargo de profesorado ou conserxería, non están participando na actividade para a que foron inscritos.

Desde o PP lembran que o goberno local coñecía os problemas desde o mes de novembro, pero que non foi ata que o Grupo Popular mantivo unha reunión coas familias afectadas (5 de febreiro de 2026) cando o executivo iniciou o proceso sancionador. e explicou que prorrogaría o contrato actual ata maio e que licitaría un novo contrato.

Ante este escenario, o Grupo Popular pregúntase que vai pasar nos tres meses que quedan ata maio e reclama explicacións ao goberno local:

  • Que medidas vai adoptar o Concello para garantir que as actividades se presten con normalidade ata maio?
  • Cantas cancelacións se produciron nos últimos meses nos centros educativos?
  • Que control está exercendo o Concello sobre a empresa que presta o servizo?
  • Como pensa o goberno compensar ás familias que pagan por actividades que despois se suspenden?

Para o PP, este episodio evidencia un novo exemplo de mala xestión do BNG. “Non se pode falar de conciliación mentres se ofrece un servizo que falla continuamente e que deixa ás familias sen solucións a última hora”, conclúen.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies