Deportes

“O concello o único que precisa para poder arranxar o firme é a autorización do propietario” aclarando que “logo de varios encontros con diferentes administracións, se confirma que a finca é propiedade de Defensa, así llo trasladamos ao Concello”

By 31 Maio, 2024No Comments

O PP consegue, co consenso de varias administracións, avances para arranxar o aparcadoiro do entorno do Campo de futbol de As Gándaras

VENRES 31 DE MAIO DE 2024

• O PP afea a Alvarellos e a Arroxo por intentar confundir á cidadanía con falsidades sobre a titulariedade do solar que está nas inmediacións do Campo de futbol de As Gándaras recriminándolles que durante anos responsabilizaran á Xunta da situación do firme cando a finca era do Goberno de Sánchez.

• “Ou ben sabían perfectamente de quen era titulariedade estes terreos e minten de forma consciente, ou ben descoñecen o propietario co que é unha temeridade acusar sen ter a certeza de que faltan á verdade”

• Para Elena Candia calquera das dúas opcións reflicte “a política de medias verdades e de confrontación permanente coa Xunta” matizando que “temos a un PSOE e un BNG que deciden convertirse na oposición ao goberno autonómico, e que adican máis esforzos a xerar novas en contra del que en xestionar cuestións da súa competencia”

• Candia explica que “os avances para desbloquear esta obra de acondicionamento son froito do consenso” manifestando que “nós cumprimos a palabra dada, traballando e contrastando información de diferentes institucións que logo trasladamos ao goberno local “coa máxima transparencia e absoluta lealdade para impulsar a mellora desta zona de aparcamento”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies