
Valoración do desistimento, por parte do goberno local, da celebración de procesos selectivos de Ofertas de Emprego dos anos 2017 ao 2022 e que caducaron porque non se convocaron nos tres anos que marca a lei
- Cada unha destas prazas representa unha oportunidade perdida, unha persoa que confiou nun proceso público e unha necesidade municipal que segue sen cubrir. Non son números: son expectativas creadas e frustradas por falta de xestión do PSOE e do BNG
Non é unha hipótese nin unha promesa: eran 61 prazas reais, incluídas nas Ofertas de Emprego Público dos anos 2017 a 2022, que o goberno local deixou caducar e das que agora desiste.
Segundo o informe da asesoría xurídica se indica que “rematado o prazo de solicitudes. Non foi iniciado o proceso selectivo, razón pola cal procede á declaración de caducidade da Oferta de Emprego Público e o desistimento do proceso selectivo”
ENGANO AOS OPOSITORES
Esta situación supón unha falta de respecto e unha irresponsabilidade grave con centos de opositores que confiaron na palabra dada polo goberno local.
Estamos falando de persoas que levan anos estudando, facendo un esforzo económico (pagando academias, mercando temarios) e renunciando a tempo coa familia, confiando nun proceso selectivo que o Concello abriu, tramitou a medias… e logo deixou morrer.
Son 61 prazas concretas que afectan a perfís profesionais moi diversos. Prazas que tiñan nome, función e destino.
Relación das prazas que quedaron sen convocar ou sen resolver
- OPE 2017
1 oficial electricista
- OPE 2018
1 técnico superior electricista (P.I), 1 enxeñeiro industrial, 1 enxeñeiro técnico industrial, 1 oficial condutor maquinista, 1 operario da brigada de obras
2 oficiais condutor; 2 oficiais brigada de obras
OPE 2020
2 técnicos (A1), 2 oficiais sepultureiros (P.I), 1 encargado monitor educación viaria (P.I), 1 oficial albanel (P.I), 1 oficial fontaneiro (P.I), 1 ordenanza (Reservado discapacidade intelectual), 1 operario cemiterio (reservado discapacidade); 3 traballadores/as sociais,
- OPE 2021
1 oficial cociñeiro (P.I), 2 auxiliares administrativos (P.I), 2 oficial lector contador, 1 oficial pintor, 1 operario vías e obras, 1 técnico de educación infantil, 12 auxiliares administrativos (10 libre 2 reserva discapacidade), 1 arquitecto/a, 1 delineante (arquitectura), 1 delineante (enxeñería), 1 enxeñeiro/a de camiños, 2 prazas de bombeiro condutor
- OPE 2020
1 técnico medio (P.I), 2 técnico medio, 1 analista programador/ra, 1 educador/a social, 1 celador/a CEIP (reserva discapacidade), 1 ordenanza (1 libre reserva discapacidade), 1 operario/a zona rural, 1 oficia condutor, 1 encargado/a de vías e obras, 4 prazas bombeiro condutor.
ENGANO AOS FUNCIONARIOS
O goberno tamén enganou aos funcionarios xerando expectativas de que ían haber máis persoal. Esta situación repercute nun empeoramento na atención de servizos municipais que seguen sen persoal saturados.
Precisamente sobre a xestión dos recursos humanos chegamos ao extremo de que tampoco a avalan os sindicatos tal e como se reflicte na acta da última mesa de negociación.
ENGANO Á OPOSICIÓN
O goberno local mentiunos durante anos, cando pedíamos plantillas mellor dimensionadas PSOE e BNG escudábanse na Lei Montoro pero o tempo sempre pón a cada un no seu sitio e demostrase que non foi a lei, foi a falta de xestión, planificación e de vontade.
As OPE dos anos 2017, 2018, 2020, 2021 e 2022 caducaron porque:
- Non se convocaron os procesos selectivos dentro do prazo legal de tres anos dende a súa publicación no diario oficial. Ao quedar sen executar a OPE as prazas perden eficacia xurídica
- Algúns procesos quedaron a medio camiño xa que se convocaron os procesos selectivos pero non se completaron ou quedaron desertos
Esta situación deixa en evidencia a falta de planificación, a súa ineficacia e capacidade real de executar
Hai que lembrar que a Oferta de Emprego Público (OPE) é o paso previo ás oposicións. É o instrumento co que unha administración autoriza e planifica as prazas que se van cubrir. A lei obriga a que, unha vez aprobada e publicada unha OPE, esas prazas se convoquen e se resolvan nun prazo máximo de tres anos.
Se ese prazo pasa e as prazas a OPE caduca automaticamente
