
A concelleria popular Mar Carballas lembrou como o coliving de artistas se anunciou como “unha experiencia innovadora para apoiar a creación artística e revitalizar o barrio do Carme”.
“Un ano despois, o edificio está pechado, sen actividade e mesmo con telarañas nas manillas das portas o que confirma que ten cero uso e utilidade. Nin hai programación, nin contido coñecido e de feito nas redes sociais a última entrada é do 29 de xullo de 2024.
Os populares lamentan que non exista ningún proxecto que xustifique o investimento de preto de 600.000 euros na construción e posta en marcha este equipamento, situado na ronda do Carme, á beira do camino primitivo.que se presentou como vangardista
Desde o Grupo Popular lembran que esta non é unha situación puntual, senón que forma parte dun modelo de xestión no que PSOE e BNG priorizan os proxectos sen contido fronte ás necesidades reais da veciñanza. “Temos o Coliving pechado e sen uso, o edificio Impulso Verde infrautilizado, As Caldas sen ocupación real e un carril bici que apenas se utiliza”, enumerou Carballas.
Por último a popular lamentou que “socialistas e nacionalistas pidan un esforzo aos lucenses incrementándolles os recibos para pagar os seus caprichos ou construir edificios sen contido, nin programación coñecida en alusión ao coliving.