Infraestruturas

O Castiñeiro avanza: celebramos a sinatura da permuta e apoiamos as reivindicación de máis servizos para o barrio

By 28 Maio, 2025No Comments

Sempre estivemos a carón da veciñanza do Castiñeiro por iso hoxe celebramos a sinatura da permuta, entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo, dos terreos onde estaba previsto facer vivenda pública, un acordo que permitirá redistribuír a construción destas vivendas noutras zonas da cidade e avanzar cara a novos servizos e dotacións neste barrio, tal e como pedían os veciños. Este compromiso foi adquirido durante a campaña das eleccións municipais, no debate veciñal celebrado en maio de 2023, onde o PP tomou unha posición pública clara a favor da reivindicación cidadá.

O PSOE tardou máis de dous anos e medio en materializar o acordo, mentres o BNG non volveu aparecer pola zona desde aquel debate, evidenciando que só utilizaron este tema para confrontar coa Xunta e empregalo como arma política. O que hoxe se asina é froito dun traballo serio e continuado que iniciamos en marzo de 2023, cando desde o Grupo Popular comezamos a manter reunións coa veciñanza do Castiñeiro para escoitar as súas demandas e apoiar as súas reclamación de máis servizos para o barrio e mantivemos encontros coa Conselleira de Vivenda para pedir implicación.

Coa permuta que se asina hoxe, o Concello cede catro parcelas situadas na rúa Paradai de Arriba e outras dúas nas rúas Illa Coelleira e Ángelo Colocci. A cambio, a administración autonómica entregará ao Concello os dous solares do Castiñeiro. Este acordo permitirá un investimento total da Xunta de 20,9 millóns de euros, distribuído da seguinte maneira: 50 Aloxamentos na rúa Illa Coelleira cun investimento de 4,3 millóns de euros 63 Vivendas en Paradai, cun orzamento de 12 millóns de euros 24 Vivendas en Ángelo Colocci, cun investimento de 4,6 millóns de euros. Hoxe pechamos unha etapa importante pero seguiremos acompañando á veciñanza do Castiñeiro para que se dote de servizos públicos ao barrio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies