
Antonio Ameijide: “Miguel Fernández converteuse nun reflexo de Óscar Puente: sen valentía e sen compromiso con infraestruturas estratéxicas”
O concelleiro do PP, Antonio Ameijide, puxo de manifesto que o alcalde de Lugo converteuse nunha secuela de Óscar Puente, o ministro que deixa á nosa cidade sen alta velocidade e que nin sequera contempla a provincia nos estudos de cercanías en Galicia.
E dicímolo porque Miguel Fernández tampouco amosa un compromiso firme para mellorar a comunicación en Lugo: no Concello vota a favor, pero na Deputación, 24 horas despois, plégase a Tomé e a Madrid, aínda que iso supoña que perdan os lucenses.
“É moi triste ver como o alcalde de Lugo cambia de criterio nun tempo récord. ¿A que Miguel debemos crer? Ao que vota unha cousa no concello de Lugo ou ao que obedece na Deputación? Está claro que non ten valentía para defender os intereses da cidade”.
Mentres, o BNG mantense como cómplice necesario destes bandazos, sostendo gobernos de coalición que non achegan nin estabilidade nin solucións para os lucenses.
Fronte a isto, o PP preséntase como a única alternativa seria, capaz de chegar a acordos e de poñer sempre por diante os intereses da provincia e da súa xente.