Sen categoría

O alcalde asina na tarde de onte un decreto que apunta a Arroxo como presunto malversador de caudais públicos

By 6 Novembro, 2025Sin comentarios

Xa sabíamos que non había confianza entre o PSOE e o BNG e que o alcalde se ausenta de forma estratéxica para evitar asinar facturas con reparos das áreas que pertencen a Bloque. Non é a primeira vez que denunciamos este tipo de manobras.

Agora xa pasamos unha liña vermella. Esta desconfianza vense de exteriorizar co decreto que acabamos de descubrir e que asinou onte o alcalde con respecto a unha factura do Lugo Máxico de 2025.

Miguel Fernandez di que non vai pagar a factura que aprobou por decreto Arroxo o 14 de outubro, estando como alcalde en funcións. Neste documento Miguel Fernández rectifica ao seu socio nacionalista indicando que unha factura que “non cumpre os requisitos para a súa tramitación e pago, posto que non está acreditada a realización do servizo polo ue a persoa licitadora facrtura ao concello”.

Non tíñamos que ter chegado a esta situación

Nós xa temos criticado con anterioridade a ausencia durante horas do alcalde para dar un cheque en blanco a Arroxo para que asinase facturas con reparos. Esto supón unha estafa aos lucenses, e demostra que o seu pacto so é para que non goberne o PP, o partido gañador das eleccións

Un dos dous falta á verdade

Na páxina 3 do decreto de Rubén Arroxo se indica que as facturas están acreditadas “tendo en conta a conformidade prestada polas Concellerías delegadas e os servizos técnicos municipais ás mencionadas facturas electrónicas, corroborando así a efectiva execución dos servizos detallados nelas”.

Por tanto, ou minte Ruben e de ser así pedimos que o alcalde, de maneria inmediata, o cese das súas responsabilidades.

Ou se quen minte é o alcalde: simulando unha operación de falsa fiscalización. Neste caso Rubén Arroxo debería defender que se pague ao proveedor.

Ante esta situación dende o Partido Popular pedimos explicacións urxentes sobre o que nos parece un feito moi grave. Segundo a Intelixencia Artificial “o pago por servicio no prestado desde una administración como “una práctica que constitye una irregularidad administrativa grave, al vulnerar los principios de legalidad, eficiencia, transparencia y control del gasto público. Asimismo, puede dar lugar a responsabilidad contable, administrativa o penal. En los casos en que exista intención o conocimiento del carácter indebido del pago, la conducta puede encuadrarse en el tipo penal de malversación de caudales públicos, conforme a lo previsto en el artículo 432 y siguientes del Código Penal …

O PP xa leva tempo fiscalizando o proxecto do Lugo máxico dende que o BNG de forma unilateral rompeu coa traxectoria deste evento atopándonos con dificultades e barreiras para acceder a documentación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies