Zona rural

No rural de Lugo, PSOE e BNG deixan máis ruinas que solucións: a escola de Labio , unha obra pública sen rematar dende 2010, é un símbolo do abandono das parroquias e do seu patrimonio

By 30 Agosto, 2025Sin comentarios

Sábado 30 de agosto de 2025.- Nas reunións de escoita activa que a voceira do Partido Popular, Elena Candia, xunto cos concelleiros do Grupo Municipal realizan na zona rural sempre afloran problemas relacionados co abandono por parte do goberno local desta zona.

O caso da escola de Labio é a testemuña máis gráfica dunha obra inacabada e de cartos perdidos polo desinterese de PSOE e BNG co patrimonio das parroquias. Os veciños levan 15 anos esperando que o Concello remate a rehabilitación da escola que el mesmo empezou.

As obras foron realizadas a través dun obradoiro de emprego promovido polo Concello de Lugo no ano 2009, subvencionado con fondos do Fondo Social Europeo, cun investimento superior ao medio millón de euros, destinados á rehabilitación de dúas escolas sendo unha delas a da Airexe (Labio).

No caso de Labio, o proxecto contemplaba a rehabilitación integral da antiga escola. Derrubouse a planta alta e nunca se lle repuxo o teito, quedando o edificio exposto ás inclemencias desde 2010.

Durante a intervención neste edificio incluído no Catálogo de Elementos retiráronse tamén as ventás orixinais, de valor arquitectónico e patrimonial, e das que nunca máis se tivo noticia. O edificio presenta un estado de abandono absoluto, impropio dun ben catalogado, e sen ningún uso nin protección.

Cando rematou o obradoiro, o Concello tiña a responsabilidade de finalizar os traballos pero non o fixo e nin socialistas nin nacionalistas, preocupáronse por rematar esta obra.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies