
Os populares esgotan o cupo de iniciativas e piden actuar “para
garantir a seguridade no Camiño de Santiago ao seu paso polo
municipio , abastecemento e saneamento en Esperante, Calde e
Ombreiro, e iluminación na rotonda de Nadela así como a
humanización da travesía”
Iluminación da rotonda de Nadela e humanización da travesía.-
Reclamamos a iluminación da rotonda de Nadela. Non é só unha cuestión
estética: é unha entrada principal a Lugo e hoxe dá unha imaxe insegura e
impropia dunha capital de provincia. Hai que mellorar a visibilidade e garantir
a seguridade viaria.
Camiño de Santiago en Lugo con seguridade e protección. – Pedimos
que o Concello adopte medidas urxentes para garantir a seguridade dos
tramos do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, atendendo ás
demandas dos veciños e dos peregrinos, e protexendo un dos nosos maiores
patrimonios culturais e turísticos.
Saneamento e abastecemento para Esperante e Calde.- Solicitamos
desbloquear o convenio, que xa conta con dotación orzamentaria da Xunta
(4,7M€ en 2026), para levar saneamento e abastecemento a Esperante e
Calde. Son servizos básicos que os veciños levan anos reclamando e que
seguen sen resposta por parte do goberno local.
Saneamento e abastecemento Ombreiro.- Reclamamos que se aproveiten
as obras da senda peonil de Ombreiro que vai levar a cabo a Xunta (tramo
Ponte de Ombreiro e Torre de Riazón) para que o concello dote de
saneamento e o abastecemento, polo menos nos tramos onde se vai intervir.
Esta solicitude preséntase dado que o proxecto está en fase de redacción
polo que se podería incorporar esta intervención.
PREGUNTAS E ROGOS
Convivencia e botellón.- Ten previsto o Goberno local adoptar medidas
concretas para reducir os problemas de convivencia e seguridade derivados
do botellón en zonas sensibles como a contorna da Catedral ou o Parque
Rosalía? Contemplan algún tipo de intervención preventiva ou de control?
Actualización do convenio co Colexio de Xestores
En que punto se atopa a actualización do convenio co Colexio de Xestores
Administrativos, acordada por unanimidade hai un ano. Esta modificación
favorecería e axilizaría tramitacións que fan estes profesionais.
Cambio dos contadores de auga: despois dun traballo coordinado coa
Asociación de profesionais e coas comunidades de veciños, nos tememos
que ao ampliar a prórroga da normativa estatal para modificar estes
dispositivos ata 2027, o goberno local volva a meter o tema do cambio
destes dispositivos nun caixón.
Asemesmo preguntamos cando se van a levar a cabo as peticións que
presentou a veciñanza de Casás con melloras para o barrio e que se
acordaron en pleno. Reclamaban accesos seguros para ambulancias e
emerxencias, identificar a zona de forma correcta e protección do tendido
eléctrico entre outras.
Tamén solicitamos información sobre varias cuestións relativas a melloras
de infraestruturas deportivas como a da pista das Pedreiras así como a
situación de pistas na zona rural como a de Agro do Granxeiro; asemesmo
reclamamos que se planifique o saneamento e abastecemnto na parroquia
de Bascuas e petición para instalar marquesina de autobuses en San Xoán
do Alto.
