Persoal

No 1 de maio, o bipartito de Lugo celebra os dereitos laborais que vulnera a diario en Lugo

By 1 Maio, 2025Sin comentarios

No Día Internacional dos Traballadores, o Grupo Municipal Popular felicita a todos os empregados municipais que, malia a desorganización e a falta de planificación do goberno local, sostén día a día os servizos públicos da cidade con compromiso e profesionalidade.
Este recoñecemento contrasta co discurso hipócrita de socialistas e nacionalistas, que animan a participar en actos reivindicativos mentres contribúen desde o goberno local á precarización do emprego público e á vulneración de dereitos laborais.

O caso máis recente e grave é o do transporte urbano, onde os traballadores denuncian que no ano 2023 quedaron sen cobrar máis de 200.000 € en horas extra, unha cantidade similar se baralla para o 2024 e que a empresa concesionaria adebeda 97.000 € á Seguridade Social, sen que o Concello tomara medidas nin dera explicacións. Circunstancia que a pesar de ser denunciada publiamente o concelleiro responsable, o señor Arroxo, dixo en pleno “descoñer”.

Pero non é un caso illado. Son moitos os empregados municipais que teñen que acudir aos tribunais para reclamar o que lles corresponde, como ocorreu co persoal do desmantelado servizo municipal de augas, o caso da xefa de persoal e persoal de urbanismo. Tamén resulta significativo o que sucede co convenio propio de limpeza, do que o goberno leva anos falando sen que se convertera en realidade o que demostra a escasa sensibilidade dun bipartito que presume de progresista coas persoas afectadas que traballan nas dependencias e edificios municipais.

PSOE e BNG tamén privatizan servizos esenciais como o SAF; Xantar no Fogar; a reparación de fugas de auga as noites e festivos … ou desmantelan servizos municipais como a brigada de augas.

O BNG é cómplice necesario do desmantelamento dos servizos públicos e o último exemplo témolo coa xestión do auditorio que manexa ao seu antollo con empresas privadas sen contrato para manexar a medida esta infraestrutura.

Desde o PP lamentamos que PSOE e BNG escollan a confrontación e a precariedade antes que asumir a súa responsabilidade co servizo público, mentres os traballadores seguen sufrindo as consecuencias da súa incompetencia.

O principal capital que ten a administración local son as súas persoas Lugo necesita un cambio “o noso compromiso é claro: xestión, dignidade laboral e defensa firme dos servizos públicos como eixo central da acción municipal”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies