Sen categoría

Na Oficina Municipal de Turismo “non funcionan dende hai anos nin pantallas táctiles, nin vídeos”

By 23 Xuño, 2025Sin comentarios

O Centro de Interpretación da Muralla, primeira parada para moitos
visitantes, pecha a serie de 5 vídeos do PP sobre as salas museísticas

Pechamos a serie de vídeos sobre o
estado das salas municipais cun chequeo ao Centro de Interpretación da
Muralla, situado na Praza do Campo.
Este espazo, que alberga tamén na súa planta baixa a Oficina Municipal
de Turismo, representa a primeira toma de contacto coa cidade para
moitos visitantes. Con todo, atópase nun estado de abandono total, igual
que outras salas baixo responsabilidade da área de Cultura que dirixe o
BNG.
O concelleiro popular Agustín Gallego critica que “resulta inconcibible que
o lugar onde moitos turistas comezan a súa experiencia en Lugo estea
nun estado tan lamentable”
Entre os problemas detectados no Centro de Interpretación da Muralla,
destacan:
• Pantallas táctiles levan anos fóra de servizo
• Os vídeo informativos tampoco funcionan
• A climatización sen funcionar desde xuño de 2023 por falta das
tarxetas de control.
• O sistema contra incendios está inoperativo desde outubro de 2020, e
as luces de emerxencia non funcionan desde o 2 de maio de 2024.
• Fallos reiterados na ventilación, documentados desde 2020, con
queixas por malos cheiros.
• Baldosas soltas con risco de caída, detectadas en novembro de 2024.
• Equipamento informático que falla, con sistemas que fan ruído ou
precisan arranque manual.
• Códigos QR danados ou desactualizados e cobertura wifi insuficiente

na planta baixa.
Desde o PP reclaman un plan de intervención integral e urxente para
garantir o mantemento dun espazo que debería ser referente da calidade
turística e patrimonial da cidade.
“Un goberno serio non permite que a imaxe do noso principal ben
patrimonial se vexa lastrada por este abandono. Isto non é só unha falta
de coidado, é unha falta de respecto á historia de Lugo e a quen nos
visita”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies