Sen categoría

O PP de Lugo escoita as demandas da comunidade educativa para mellorar a atención do alumnado lucense

By 4 Maio, 2025Sin comentarios

“Tanto Elena Candia como o conselleiro de Educación coincidiron en que escoitar ás ANPAs e oturos representantes da comunidade educativa e propoñer solucións concretas é a base dunha política útil, próxima e responsable.”

No marco do traballo de escoita activa que está a desenvolver o Partido Popular de Lugo, a voceira municipal Elena Candia mantivo nos últimos días un encontro con representantes da comunidade educativa da cidade, ao que tamén asistiu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.
A reunión tiña como obxectivo recoller demandas e preocupacións das familias e profesionais do ensino, e buscar respostas concretas. Como resultado, avaliáronse unha batería de liñas de traballo firmes por parte da Xunta de Galicia, orientadas a mellorar a atención educativa, especialmente no que respecta ao avance cara a un sistema cada vez máis inclusivo, adaptado ás necesidades do alumnado lucense.
Entre as futuras medidas comentadas, atópase o apoio ás actividades organizadas polas anpas ou a avaliación da falta de comedor na EEI Fingoi 2, unha demanda reiterada das familias que a Xunta analizará en colaboración co Concello*
Outro dos ámbitos de diálogo que máis interese suscitou foi o relativo ao programa E-Dixgal de libro electrónico, que a Xunta se comprometeu a revisar para afondar nun modelo híbrido que combine papel e tecnoloxía.
Tamén coincidiron na necesidade dos programas de apoio aos estudantes estranxeiros ou na implantación do expediente dixital do alumnado e a redución da carga administrativa nos centros, facilitando así o labor docente.
Neste encontro participaron tamén a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, representantes de anpas, centros públicos e concertados, colectivos de necesidades educativas especiais, altas capacidades e entidades sociais vencelladas á inclusión.
Elena Candia valorou moi positivamente o ton da reunión e destacou que “o diálogo directo coa comunidade educativa é esencial para seguir construíndo un sistema centrado no alumnado e adaptado ás realidades locais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies