
- Os populares afirman que “non podemos normalizar esta falta de xestión: un proxecto político que en máis dun cuarto de século non foi quen de dotar á cidade desta infraestrutura deportiva tan necesaria só demostra que para eles o deporte non é unha prioridade”
- Damián Carballo: “botamos en falta que, o alcalde que foi concelleiro de deportes, e o BNG que manexa unha importante dotación orzamentaria para deportes, non traballe para facer realidade esta dotación tendo en conta as complicacións que sufren os clubes da cidade para programar a súa actividade por falta de instalacións”
O concelleiro popular Damián Carballo iniciou a súa intervención subliñando que “o que vía como un cidadán máis, hoxe tócame analizalo como concelleiro encargado da área de Deportes e quero facelo sobre unha das múltiples promesas incumpridas do goberno local da que nada se sabe a día de hoxe: o novo pavillón polideportivo de Lugo prometido hai catro anos.
Suspenso en xestión de infraestruturas deportivas
Nin o alcalde, que foi responsable de deportes, nin o BNG que ten competencias nesta área cunha importante dotación económica na Deputación provincial, están á altura en canto a xestión de infraestruturas deportivas.
Damián Carballo explica que “os equipos seguen sufrindo as complicacións á hora de planificar adestramentos e competicións, tanto as disciplinas federadas como a base, por mor da saturación das infraestruturas actuais”.
“Esta será xa a cuarta tempada perdida: estamos a falar dun proxecto que se presentou con infografías a bombo e platillo, que tivo aumentos de orzamento, pasando o de 2,9 a 5 millóns de euros, e que tiveron que retirar as bases da licitación porque as denunciaron os colexios profesionais”.
É lamentable que durante 26 anos de gobernos socialistas e nacionalistas non fosen quen de dar resposta á boa saúde dos clubs deportivos correspondéndoa con instalacións suficientes e dignas”. Non podemos normalizar esta falta de xestión estamos falando dun proxecto político que en todo este tempo non foi quen de dotar á cidade dunha infraestrutura tan necesaria; o que confirma que PSOE e BNG relegan á mellora das instalacións deportivas a un segundo plano”
Promesa incumprida
O edil popular incidiu en que este proxecto é un exemplo máis da política de promesas baleiras do goberno local. “O proxecto do novo pavillón polideportivo é outro exemplo máis dunha xestión ineficaz e dunha política de anuncios sen resultados”.
A cidadanía de Lugo merece mellores infraestruturas deportivas e un goberno que cumpra coas súas promesas, non unha longa lista de excusas e retrasos”.
Nin infraestruturas, nin capacidade de diálogo con outras administracións
O edil popular lembrou a importancia de ter un convenio coa FEGAMP para que os distintos clubes e asociacións deportivas poidan utilizar fóra do horario lectivo instalacións da deportivas doutras administracións, este convenio tamén é importante polas garantías de seguridade xurídica que ofrecería.