AccesibilidadInfraestruturasParques infantís

Levaremos ao Pleno as demandas da veciñanza de Paulo Fabio Máximo para mellorar limpeza, aparcamento e seguridade viaria

By 22 Outubro, 2025Sin comentarios

Facémonos eco das reivindicacións da veciñanza da rúa Paulo Fabio Máximo centradas en mellorar a limpeza, a accesibilidade e a seguridade viaria nunha zona con moita densidade de tráfico e que comunica dúas das principais arterias da cidade: a Avenida da Coruña e a Avenida Infanta Elena.

Unha das principais preocupacións é a falta de prazas de aparcamento, especialmente cando coinciden co estacionamento dos vehículos dos feirantes, que ocupan a zona tanto durante o San Froilán como noutras datas do ano nas que se celebran festexos. “Os residentes ven reducidas as súas posibilidades de aparcar durante semanas, sen que o Concello lles dea alternativas”.

O PP tamén pide reforzar a limpeza das beirarrúas, zonas verdes e parques infantís, que presentan acumulación de maleza e falta de mantemento, así como limpar os sumidoiros tupidos para evitar problemas de inundacións. A veciñanza demanda ademais reubicar os colectores de lixo e reparar os rebaixes das beirarrúas, que están moi deteriorados e dificultan o paso de persoas con mobilidade reducida.

En materia de seguridade viaria, os populares reclaman o remate da beirarrúa que quedou inacabada no lado dos edificios e a sinalización clara da preferencia na incorporación á rotonda de Infanta Elena, un punto especialmente conflitivo, así como a reparación dunha tapa de alcantarillado na calzada que presenta perigo,

Finalmente, o Grupo Popular solicita reforzar as liñas de autobús L3 e L4 nos días de maior afluencia ao Banco de Alimentos, servizo ao que acoden moitos usuarios e voluntarios, “porque o transporte público tamén debe adaptarse ás necesidades reais da xente”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies