
Elena Candia contextualizou a comparecencia para
presentar o balance de actividade de 2025 con varias reflexións sobre o debate do
estado da cidade: “PSOE e BNG se presentaron como dous gobernos distintos, pouco
ambiciosos, que non se coordinan, nin traballan”.
En primeiro lugar, encontramos a un PSOE cun alcalde sen liderazgo, resulta pouco
crible que pretenda impulsar iniciativas que levarían implicitos proxectos con outras
administracións (en alusión a área metropolitana que anunciou) cando nin sequera
demostra entendemento cos seus oito concelleiros (empezou cun goberno de 13
persoas e, neste momento, ten un goberno de 12 en allusion a María Regoisa).
Somos escépticos da súa capacidade de chegar a acordos lembrando como, ao longo
de 2025, nin foi incapaz de chegar a consensos coa Xunta, desprezando calquera
intervención que fai en Lugo; nin tampouco coa administración central que o ignora con
exemplos como: a supresión de frecuencias trens por parte de ADIF tras reunirse con
eles; sen data para a construción da nova comisaría da policía nacional)
No caso do BNG sorpréndenos que, logo do mantra mensual que fixeron ao longo do
ano falando de cifras récord de uso de transporte urbano anuncien que non van a
prorrogar o contrato e que son necesarias melloras nos autobuses. Unha vez máis
cando rectifican acertan “alegrámonos porque nos fixeron caso ao que vimos dicindo
dende a oposición”.
Outra cuestión que nos chama a atención, cando Lugo chega aos 100.000 habitantes,
é a valoración que fai Rubén Arroxo. Lonxe de presentar como se vai dar resposta ao
incremento da poboación a súa reflexión foi “que con este escenario a lider do PP tería
máis dificultades para ter maioría absoluta”.
No pasado ano 2025 presentamos 502 iniciativas
44 proposicións defendidas en pleno
80 preguntas e rogos en pleno
233 preguntas e rogos en comisión
2 plenos extraordinarios, impulsados polo PP para construír
consensos cando estaba en xogo o futuro dos barrios, como no caso da
proposta de rexeneración do barrio do Carme, aprobada por
unanimidade
Máis de 500 accións na rúa escoitando á xente
Tivemos presenza no territorio con 81 reunións de ESCOITA
ACTIVA en parroquias e barrios da cidade. Tamén destacamos o
programa dos Hoxe estamos aquí reforzando a cercanía coa
veciñanza
Fixemos 211 encontros sectoriais (destacar as 86 xuntanzas co tecido
social e as 74 Visitas CEIPS e encontros con AMPAS)
Creamos os Espazos Infantís e o Espazo Xove
Visitamos os Centros Sociais e residencias de maiores
Durante o 2025 a cantidade de persoas suscritas a nosa lista de difusión
medrou nun 73%
Edición de boletíns informativos trimestrais, nos que rende contas do
traballo realizado.
A voceira popular poñía varios exemplos de como a presión construtiva acada
resultados en cuestións do día a día dos veciños (colocación de espellos de Coeo,
As Samasas; poda da contorna da Ponte que comunica Montero Ríos coa rotonda
de Adolfo Suárez; colocación paso elevado en Avenida de Magoi, saneamento da
Rúa Chantada … etc)
Tamen é o momento de dar cumprimento aos 8 acordos que acadamos no pleno e
moi especialmente a rebaixa de impostos. Hai un do mes de xullo para a modificación
temporal do IBI e a exención da plusvalía para propietarios de terreos afectados polo
cambio de cualificación urbanística nas áreas de expansión, que están a pagar como
solo urbano sen poder construír. “Foi un acordo importante para facer xustiza fiscal con
veciños claramente prexudicados”, sinalou Candia indicando que “esixiremos que se
cumpra”.
No mes de xaneiro conseguimos unanimidade no pleno nunha iniciativa para
actualizar o convenio dos xestores administrativos, unha medida reclamada polo
propio colectivo e que permitirá mellorar o acceso da cidadanía a trámites como
certificados de empadroamento ou xestións tributarias. Esta iniciativa buscaba avanzar
cara a unha administración máis facilitadora, aínda que lamentamentamos que, un ano
despois, o goberno local non materializase avances reais lembrando a súa resposta no
pleno de novembro de que “estaban traballando nelo”.
No mes de abril, o Pleno aprobou unha proposición do PP para esixir ao Goberno de
España a rehabilitación integral do firme da N-540 e o impulso dunha mellor
conexión de Lugo con outras provincias. Trátase dunha demanda histórica que
busca mellorar a seguridade viaria e a comunicación entre Lugo e Ourense, despois de
anos de obras sen solución definitiva, con baches que seguen afectando á circulación.
No mes de xullo aprobouse tamén a modificación da ordenanza municipal de
protección medioambiental, co obxectivo de reforzar a defensa dos núcleos de
poboación fronte a cheiros e actividades contaminantes, como as plantas de biogás.
A iniciativa pretendía establecer maiores garantías para os veciños, aínda que o PP
advertiu de que, ata o momento, non se iniciaron os trámites necesarios para facer
efectivo o acordo.
Outra das proposicións que acadou apoio unánime foi a candidatura de Lugo como
sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, unha petición estratéxica para reforzar o
peso institucional da cidade.
No mes de setembro, o PP logrou tamén o apoio unánime do Pleno a unha iniciativa
para impedir a desconexión de Galicia mediante un plan integral de
investimentos e a mellora da mobilidade nacional e internacional. Este acordo
evidenciou a necesidade dun maior liderado institucional, xa que Lugo non pode
permitirse quedar á marxe das grandes decisións en materia de infraestruturas. “Lugo
ten hoxe un goberno sen liderado nin ambición, incapaz de defender os intereses da
cidade ante outras administracións”, advertiu, lembrando que a falta de peso político do
alcalde está a ter consecuencias directas nas conexións ferroviarias e na
competitividade da cidade.
No mes de novembro, o Pleno aprobou por unanimidade unha proposición para
impulsar medidas que melloren a imaxe e a seguridade en Nadela, unha iniciativa que
o PPlevou tamén ao Congreso dos Deputados, onde foi aprobada unha Proposición
non de Lei para mellorar a iluminación e humanizar a travesía, malia a abstención do
PSOE.
Finalmente, en decembro, o PP conseguiu a reprobación do socialista José Tomé,
co voto favorable do BNG, unha decisión que, segundo Candia, “demostra que aínda
hai espazo para os principios e a coherencia cando se antepoñen os valores aos
intereses partidistas”.
Folla de ruta 2026
Afrontamos este 2026 coa mesma ilusión e con máis ganas de traballar. No noso
modelo de cidade temos proxectos pensados nas persoas seguiremos reivindicando
o convenio propio para as traballadoras do SAF e da limpeza ou un Plan Zero18
pensado para a poboación infanto-xuvenil.
No Lugo máis seguro “se se van a poñer cámaras para o control de tráfico
preguntámonos porque non se colocan, como vimos pedindo dende hai tempo, para
garantir á seguridade da veciñanza. É o momento de facelo.
Xa no Lugo motor da provincia pensamos en infraestruturas como a da praia fluvial
para que os lucenses non quedemos outro verán máis sen zona de baño pública no
Miño.
Además seguiremos centrando o noso traballo en cuestións como a mobilidade,
informado sobre o impacto real do PMUS e de como poden defenderse os lucenses
cando se implante.
