Sen categoría

Esiximos que se inicie o procedemento para a revogación da licenza do after da rúa Tui, non imos parar ata que se adopte unha solución definitiva

By 3 Marzo, 2026Sin comentarios

Ao goberno local non lle quedou máis remedio que actuar. O peche temporal do after da rúa Tui confirma que tiñamos razón e que a mobilización veciñal, xunto co traballo  do Grupo Popular, deu resultado. Pero deixámolo claro desde o primeiro momento: non nos chega con este paso. Esiximos que se inicie o procedemento para a revogación da licenza e non imos parar ata que se adopte unha solución definitiva.

A movilización veciñal SI importa

Cada unha das 1.500 sinaturas recollidas na Milagrosa para reclamar máis seguridade no barrio contou. Cada comparecencia pública, cada denuncia e cada esixencia que fixemos serviu para que hoxe o goberno dera este paso.

Falamos dun problema reiterado que afecta á convivencia, ao descanso e á seguridade dun barrio. Un peche de 47 días non resolve de fondo unha situación que leva anos xerando preocupación. Para moitos veciños é difícil entender que, despois de todo o sucedido, a resposta quede aí. É case unha burla para quen leva anos soportando esta situación.

Reincidencia e reiteración: Se podería ter feito máis?

Estamos a falar dun patrón continuado de incumprimentos. Durante anos, este establecemento funcionou na práctica como un after, superando aforos, incumprindo condicións e xerando problemas de convivencia nun barrio que merece tranquilidade e seguridade.

Os feitos estaban documentados con data 29 de xuño de 2025. Había actas policiais, informes e intervencións suficientes. O PP esixiu actuación inmediata o 7 de xullo; volvemos comparecer o 1 de setembro; entregamos as sinaturas da veciñanza o 12 de setembro. E non foi ata o 28 de outubro cando se iniciou o expediente.

A útlima  comparecencia pedindo unha actuación inmediata do PSOE e o BNG para garantir a seguridade e a convivencia na rúa Tui foi o pasado 1 de marzo

Precisamente nesa rolda de prensa advertimos de algo moi serio: a agrupación de distintas intervencións en só dous expedientes podería ter consecuencias xurídicas directas á hora de apreciar a reincidencia. A lei é clara: cando hai reiteración de infraccións graves, pode chegarse á clausura definitiva e á revogación da licenza.

A propia Lei de Espectáculos de Galicia é clara. No seu artigo 36 recóllese que por este tipo de infraccións podería impoñerse o peche temporal do local ata un ano e sancións económicas de ata 30.000 euros. E o artigo 37 establece que, á hora de aplicar a norma con maior ou menor intensidade, deben valorarse cuestións como a reincidencia, a intencionalidade e a transcendencia social dos feitos.

E aquí falamos precisamente diso: reincidencia, reiteración no tempo e unha evidente transcendencia social nun barrio enteiro que se mobilizou para defender o seu dereito ao descanso.

Non imos parar

O noso compromiso coa Milagrosa é firme. Esiximos que se analice con rigor esta situación e que se adopten todas as medidas necesarias ata garantir o peche definitivo se así o permite a lei.

Non é unha cuestión política. É unha obriga legal protexer a convivencia, a seguridade e o descanso dos veciños.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies