Inundacións

Esiximos a retirada do lixo do aliviadoiro de saneamento de San Lázaro tras once días de que desbordara

By 21 Abril, 2025Sin comentarios

O Partido Popular pide que se acometa de maneira urxente a limpeza dos restos acumulados xunto ao aliviadeiro situado na unión da Calzada de A Ponte coa Nacional VI. Tralas fortes choivas de hai once días, a zona segue sen limpar, acumulando toalliñas, compresas e outros materiais que desbordaron do aliviadeiro. Ademais, o firme da área quedou intransitable, afectando gravemente a mobilidade dos veciños.
Os populares consideran un insulto á intelixencia que o alcalde anuncie hoxe a análise dos puntos sensibles, cando leva dende 2015 con responsabilidades vinculadas á área de medio ambiente. “Non necesitamos máis análises, necesitamos accións concretas” sinalan os concelleiros do PP.
“Non estamos falando dun tema estético, senón dun problema de seguridade que afecta bens e persoas, e que debería ser unha prioridade para o goberno local”, destacan.
Os populares lembran que o alcalde votou en contra de iniciativas presentadas polo PP para identificar e solucionar zonas de acumulación de augas en episodios de choivas intensas. Mentres tanto, a zona afectada en San Lázaro segue esquecida, a pesar do risco evidente, especialmente pola proximidade dun negocio de hostalaría que hai na zona.
Por último, o PP solicita que se arranxen os desperfectos no acceso pavimentado da zona, que permanece intransitable, agravando os problemas de mobilidade dos veciños. “A cidadanía merece respostas e actuacións reais, non promesas baleiras nin anuncios oportunistas”, conclúen.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies