EducaciónSin categoría

Reclamamos al Concello que permita avanzar en la solución para el comedor escolar de Fingoi II

By 9 mayo, 2025No Comments

O Grupo Municipal Popular volve poñer sobre a mesa a urxencia de que o Concello de Lugo autorice a instalación dunha aula móbil no CEIP Fingoi II, paso imprescindible para activar o servizo de comedor escolar antes do comezo do próximo curso.

O compromiso coas familias nace dunha escoita activa coa Asociación de Pais en Nais do centro e as familias.

• 10 abril: A voceira do PP, Elena Candia, reúnese coa ANPA do centro para escoitar as súas necesidades.
• 11 abril: O PP solicita unha reunión coa concelleira de Educación para trasladar a proposta.
• 15 abril: O concelleiro popular Javier Vázquez entrega persoalmente a solicitude, xa que a concelleira afirma non tela recibido.
• 22 abril: O concelleiro acode á concellería para tentar fixar data. A concelleira non estaba, e deixou recado.
• 23 abril: A ANPA tamén solicita formalmente unha reunión.
• 25 abril: A Xunta comprométese, tras reunirse con PP e ANPA, a estudar a instalación dunha aula móbil que faga posible o comedor.
• 9 maio: Reunión da ANPA coa concelleira. Case un mes despois do primeiro intento.

Os populares insistiron en que para nós “a conciliación é unha prioridade” os feitos demostran que cando se escoita e se actúa, hai avances. Grazas ao traballo conxunto coas familias e á resposta da Xunta, temos unha proposta viable enriba da mesa. Agora só falta que o Concello autorice a instalación da aula móbil”. “Animamos ao BNG a facilitar unha solución e a non demorar máis este asunto”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies