
O epicentro da proposta sitúase na contorna dos Robles, onde se iniciaría a primeira fase cunha piscina ao aire libre con elementos de xogo acuático; o proxecto inclúe tamén a recuperación do caneiro do Chapuzo e o acondicionamento do borde do río para que quen o desexe poida bañarse directamente no Miño tanto neste punto como na Tolda, na contorna da UNED, completando así unha rede de espazos de lecer integrados no noso modelo de cidade
Elena Candia: “queremos que o rio Miño teña o protagonismo que merece, a cidade debe aproveitar o impacto ecómico, dinamizador, de ocio de coidado da saúde que aporta este recurso natural único”.
As actuaciónsque plantexan os populares están concibidas para executarse por fases no tramo comprendido entre os Robles e o complexo da UNED, sempre cunha intervención respectuosa co medio natural e co entorno do Miño.
O Partido Popular detallou o seu modelo de zonas de baño nos Robles, epicentro desta iniciativa e punto de partida das distintas fases de actuación, que inclúen, entre outras, as seguintes intervencións:
• Piscina ao aire libre con elementos de xogo acuáticos na contorna dos Robles
• Recuperar a contorna do caneiro do Chapuzo como zona de baño tradicional en Lugo. A proposta inclúe a reparación do caneiro —actualmente en mal estado— e o acondicionamento do bordo do río neste tramo para que quen o desexe poida bañarse directamente no río nun espazo seguro e accesible. Esta é unha aposta por devolverlle aos lucenses un espazo de baño que forma parte da nosa memoria colectiva.
• Zona de baño na Tolda (UNED), limpeza e acondicionamento do borde fluvial para facilitar o acceso seguro á auga, creación de aparcadoiro e novos servizos.
Esta proposta require do consenso de todas as administracións porque só sumando esforzos será posible devolverlle o río aos lucenses. Lembramos que a última vez que o PP xa propuxo crear unha zona de baño pública nos Robles, no pleno de abril, PSOE e BNG votaron en contra.
Elena Candia concluía “o PP ten un modelo para poder ter espazos de baño públicos respectuosos co medio ambiente, seguros para o disfrute dos lucneses, e que permitan aproveitar esta riqueza patrimonial”.