Sin categoría

O PP comparte as preocupacións e apoia as reivindicacións da veciñanza de Paradai en relación aos proxectos urbanísticos da contorna do Rato

By 18 mayo, 2025No Comments

A reunión mantida coa veciñanza confirma o compromiso honesto do Partido Popular de trasladar información rigurosa e con documentos oficiais o que provoca que afloren as verdades que o goberno intenta agochar.
Antonio Ameijide recrimina a falta de transparencia coa que PSOE e BNG están a avanzar neste e noutros proxectos, sen comunicar adecuadamente nin contar coa participación da cidadanía. Unha forma de actuar que se repite, como xa sucedeu coas intervencións previstas nas obras no centro.
Contrato para preparar documentación da aprobación inicial da S-13R de Paradai
Durante a reunión, trasladamos aos asistentes a existencia dun decreto da Deputación de Lugo que formaliza un contrato menor por importe de 12.100 € para confeccionar os documentos técnicos necesarios para o desenvolvemento urbanístico e a aprobación do Plan Parcial da S-13R, un documento que a Deputación paralizou hai dúas décadas e semella que acaba de retomar tras a citada contratación.
Trátase dunha zona estratéxica de 61.386 m² na contorna natural do río Rato, onde a Deputación Provincial prevé proxectar 239 vivendas. Un desenvolvemento paralizado desde hai 18 anos, que agora se vén de reactivar.
O concelleiro popular Antonio Ameijide esixe ao goberno local e provincial que aclaren cal é o verdadeiro plan para esta zona, e onde pretenden situar as edificacións nun espazo de alto valor ambiental.
Subliña ademais que calquera paso neste ámbito debe ser consensuado co barrio, e se suma ás súas reivindicacións de información e participación. Evidentemente nos dende o PP queremos protexer e evitar calquer dano ou impacto negativo ao Río Rato e ao seus paseo, “o partido popular foi o impulsor dos paseos do Rato e o Miño, ninguén dubidará que seremos os máximos protectores”

A documentación que achegamos cobra aínda máis relevancia ao lembrar que estes terreos foron vendidos pola Deputación cos votos a favor do PSOE, por un importe de 3.666.173,84 €. As cláusulas do prego establecían tres prazos de pago: só se realizou o primeiro (30% coa adxudicación), pero os dous restantes nunca se formalizaron. O adxudicatario recorreu á vía xudicial para reclamar a devolución do
diñeiro ou, no seu defecto, a entrega de parcelas edificables. Atopámonos no mellor momento para que PSOE e BNG no concello e deputación nos digan que queren facer na zona… é o que lles pide o propio ganador da licitación, ou que tras 18 anos lle devolvan os cartos, ou que lle digan que van facer e cando.
Aprobación inicial para urbanizar o polígono C de Paradai
Neste encontro cos residentes no barrio de Paradai tamén se facilitou aos asistentes copia do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o 7 de agosto de 2024, presidida nesa data polo tenente de alcalde do BNG, Rubén Arroxo. Neste acordo dende o concello PSOE e BNG deron a aprobación en xunta de goberno ao desnrolo urbanístico destes terreos.
Este punto resulta chamativo xa que Arroxo actuou como alcalde accidental ese día. Por iso afeamos que mentira aos veciños ao afirmar que descoñecía este desenvolvemento urbanístico, cando el mesmo presidía a xunta de goberno que deu a licenza e asinou a aprobación inicial da urbanización do polígono C de Paradai. Unha mostra máis das mentiras e da hipocresía do BNG.
Esta urbanización está promovida pola xunta de compensación e afecta a parcelas situadas a carón da rotonda de Serra de Meira. Importa salientar que máis do 50% da propiedade é pública: pertence ao
Concello, á Deputación e a ADIF.
As inundacións continúan e a solución prometida non funcionou Outro dos temas centrais da reunión foi o problema das inundacións recorrentes que afectan a un dos edificios da zona, unha situación que
segue sen solución malia os anuncios do PSOE e do BNG. A intervención realizada na rotonda de Serra de Meira, financiada con 600.000 euros pola CHMS e 177.500 euros polo Concello, foi presentada como a “solución definitiva”. Porén, chegou tarde, con anos de retrasos e múltiples modificacións do convenio, e non cumpriu o obxectivo que se prometera.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies