Sen categoría

NOVE MESES DE SILENCIO MENTRES O MURO DE QUIROGA BALLESTEROS SEGUE AMEAZANDO A SEGURIDADE DO ALUMNADO

By 6 agosto, 2025No Comments

O PP de Lugo advertiu o 30 de outubro de 2024 da aparición de fendas estruturais no muro do colexio

A reparación non se iniciou e o goberno local limita a súa resposta a promesas baleiras e vallas provisionais

Lugo, 6 de agosto de 2025 – O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo denuncia a absoluta irresponsabilidade do goberno local, que tras nove meses de aviso formal, mantén sen reparar o muro do CEIP Quiroga Ballesteros, afectado por graves fendas estruturais derivadas das obras de peonalización da contorna.

O pasado 30 de outubro de 2024, o PP rexistrou oficialmente unha solicitude de intervención urxente, acompañada de documentación gráfica, alertando do risco real para a seguridade dos escolares, familias e viandantes. Ese mesmo día, a portavoz do grupo, Elena Candia, interveu no pleno extraordinario dando conta da situación e reclamando medidas inmediatas. Naquel momento, o goberno local declarou literalmente: “No existen daños estructurales como tal, sino una agrieta en el muro del cierre perimetral que para nada es un daño estructural, que se solucionará y que no tiene ningún tipo de riesgo para el edificio”. Hoxe, a realidade demostra que

estabamos dicindo a verdade.

Desde entón, a realidade é alarmante:

● O muro segue apuntalado con elementos metálicos.

● Non hai obras nin reparación iniciada.

● A comunidade educativa teme con razón que o curso escolar arrinque sen

garantías de seguridade.

“O que debería ser un espazo seguro converteuse nun símbolo do abandono institucional”, concluía o concelleiro Javier Vázquez.

O Partido Popular esixe:

● Accións inmediatas,

● A publicación dun informe técnico oficial,

● E que o executivo local asuma responsabilidades políticas por esta situación

de risco innecesario.

“O goberno local tivo tempo, tivo advertencias, e tivo a obriga de actuar. Non fixo nada. Agora as consecuencias recaen nas familias e nos nenos.”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies