Fondos europeosOtros

Modernizar el servicio de agua no fue nunca prioridad para PSOE y BNG, pese a subir este año el recibo

By 21 mayo, 2025No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular preguntará no próximo Pleno se o Concello de Lugo está preparado tecnicamente para a lectura remota de contadores de auga intelixentes e se conta xa cunha plataforma dixital que permita recibir e procesar os datos de consumo dos fogares lucenses.
A concelleira Silvia Colmenero lembra que PSOE e BNG levan 25 anos gobernando Lugo e a única novidade no servizo da auga foi subir o recibo este ano. Mentres tanto:

• Os principais contratos do ciclo da auga están caducados desde hai 14 anos.
• A brigada municipal, que debería garantir o mantemento, está desmantelada.
• As fugas e avarías tardan días en repararse, incluso deixando barrios sen auga.
• A zona rural segue sen abastecemento nin saneamento,
• E o sistema de reutilización de auga leva 14 anos sen empregarse.

Colmenero denuncia que agora, a poucos meses de que a normativa estatal obrigue á substitución de todos os contadores con máis de 12 anos de antigüidade (Orde ICT/155/2020), o goberno local segue sen dar unha resposta clara sobre se Lugo está preparado para aproveitar as vantaxes da lectura remota de consumos. Hai que lembrar que o prazo para cambiar estes dispositivos empezou en 2020 e finalizará en outubro de 2025
A concelleira popular lembra que Lugo arrastra problemas crónicos neste servizo: lecturas acumuladas, facturación por estimación, numerosas reclamacións veciñais e un sistema que xera incerteza e prexuízos económicos para os usuarios. A popular explica que a implantación dun sistema de telexestión de contadores permitiría a lectura dos datos de consumo de auga de forma remota, sen necesidade de intervención manual, a través de contadores intelixentes que se comunican cun sistema central, reducindo as queixas e facilitando a xestión do servizo.

Dende o Grupo Popular lembran que siguen agardando a que se lles facilite información sobre cantos contadores hai pendentes de substituír en Lugo e cantos son de titularidade municipal.

Para Colmenero “é incomprensible que nun contexto no que o Goberno local vén de subir os impostos municipais, incluído o recibo da auga, os lucenses sigan sufrindo un servizo con graves deficiencias e sen mellora ningunha”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies