Economía

Dejaron 4,2M€ para personal sin invertir desprotegiendo servicios y vulnerando derechos de los trabajadores

By 16 abril, 2025No Comments

A contención do gasto que vende PSOE e BNG é un engano. O que eles chaman aforro é unha apropiación indebida das partidas de persoal. Esta situación é a que se reflexa no orzamento de 2024 que contempla 36 millóns de euros para gasto de persoal, pero só se executaron arredor de 32 millóns.

É dicir, o Concello aforrou 4,2 M€. porque non cobre as prazas contempladas na Relación de postos de traballo, por precarizar servizos e por vulnerar os dereitos dos traballadores municipais. Un goberno que se autodenomina progresista quere blanquear as súas contas a costa dos traballadores indicando que “non se pagaron horas extra á policía e aos bombeiros, non se deu cobertura as prazas da brigada de augas …. utilizando ese diñeiro para cadrar as contas e presumir de xestión austera». As consecuencias desta decisión provoca unha falta de motivación no persoal municipal e desaxustes estruturais con servizos que non teñen garantizada a sostibilidade no futuro.

Hai menos aforro do que din e máis gasto do que recoñecen

O Concello gastou 97,8 millóns de euros en 2023 e 95,8 millóns en 2024. É dicir, o suposto “aforro” é de menos de 2 millóns.

Pero a realidade é preocupante xa que hai máis de 5,5 millóns de euros gastados en 2024 que non foron imputados ao orzamento, segundo recoñece o propio informe da Intervención (páx. 18 da liquidación). Isto quere dicir que o Concello xa gastou ese diñeiro, pero non o inclúe nas contas, dando a sensación de que se aforrou… cando non é así porque non están contando todo o que gastaron de verdade. “É unha trampa ao solitario”, matizan os populares.

A inversión municipal é simbólica e depende de fondos europeos

O total investido en 2024 foi de 11,1 millóns de euros, pero só 1 millón saíu das arcas municipais (representan menos do 10%) . O resto (máis de 10 millóns) veu de fondos doutras administracións. Sen esa axuda externa, a capacidade inversora do Concello é nula.

Isto significa que non se aposta polos proxectos que melloran Lugo con recursos propios, senón que se vive do financiamento alleo mentres se presume de xestión.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies