Protectora

La Xunta cofinanciará la reforma de la Protectora de Animales sumando esfuerzos con Diputación y Concello

By 20 marzo, 2025marzo 21st, 2025No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular reafirma a súa disposición ao diálogo e á cooperación institucional. Neste sentido, a voceira Elena Candia anunciou que trasladará ao novo alcalde, Miguel Fernández, na reunión solicitada formalmente o pasado 12 de marzo, un paquete de medidas que considera prioritarias.

Unha delas é a da mellora das actuáis instalacións da Protectora de Animais “unha demanda compartida por moitos veciños e mesmo polo propio Miguel Fernández que así o ratificou no discurso de toma de posesión”.

Candia anunciou que a Xunta de Galicia cofinanciará a reforma indicando que o compromiso se adquiriu nunha reunión que mantiveron entre a voceira municipal e a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

“O normal sería que as 3 administracións se implicasen neste proxecto de reforma das actuais instalacións” lembrando que na deputación se aprobou unha iniciativa do PP que contou cos votos dos deputados do BNG para ampliar a actual Protectora. A moción saiu adiante pese aos votos en contra do PSOE”.

Os populares lembran como o concello de Lugo no proxecto de orzamentos para este ano, trala presión da veciñanza, incluiron 100.000 € para melloras na Protectora actual e 400.000 € para a construción dunha nova Protectora nunha nova ubicación.

Desde o Partido Popular valoramos positivamente que haxa consenso sobre a necesidade de mellorar este servizo e consideramos que este é o momento idóneo para dar pasos firmes neste proxecto. “O noso obxectivo sempre foi traballar con lealdade institucional e esa seguirá sendo a nosa prioridade”, destacou Candia. Desde o PP de Lugo, tendemos a man ao novo alcalde para avanzar nesta e noutras cuestións pendentes, apostando polo diálogo e a cooperación para mellorar os servizos da cidade.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies