
- A voceira popular contextualiza o contido do boletín explicando que “os socialistas de Lugo están estancandos, sen rumbo e sen ritmo” e que BNG que actúa con opacidade e “contratando de forma reiterada sen consignación orzamentaria ou levantando reparos de intervención”
- A presentación de Contigo Lugo tivo lugar na cafetería situada no Vello Cárcere, un edificio que neste momento está xestionado por unha empresa que ten o contrato caducado.
- Candia lamenta a aposta dos nacionalitas por privatizar servizos malia contar con informes municipais que o desaconsellan: “non lles preocupa nin ter informes favorables, nin a estabilidade orzamentaria, nin os dereitos dos traballadores”
A portada do número 8 do boletín “Contigo Lugo” pon o foco nun tema que preocupa e une a moitos lucenses: a seguridade e a convivencia cidadá. Xunto a colectivos veciñais da Milagrosa recollemos 1.500 sinaturas nun só día para reclamar medidas para unha mellor convivencia na zona así como o peche definitivo e a revogación das licenzas de locais con infraccións acreditadas
A contraportada do boletín amosa, de forma gráfica, o “apagón de Lugo”: Pedro Sánchez, Miguel Fernández e Rubén Arroxo tirando do enchufe da Muralla, símbolo dun goberno que aísla a cidade da alta velocidade, das infraestruturas e das oportunidades que Lugo necesita.
Nas dúas planas do que conseguimos no último trimestre repasamos algúns deses logros empezando polo comezo das obras do Centro de Saúde da Milagrosa; a apertura á veciñanza do aparcamento do IES Ollos Grandes ou a reforma das bancadas do estadio Anxo Carro. Tamén conseugimos melloras de seguridade viaria para as persoas de Castelo e a contorna; unha nova actuación do Plan Paradai coa renovación da rúa Serra de Meira e a legalización e ampliación da protectora. Non é menos importante o capítulo devivienda co inicio das obras en Garabolos, desbroces de camiños en colaboración coas comunidades de montes; a mellora da cúpula e cubertas do Pazo de Feiras ou a demolición do muro de Apnais a carón do futuro centro para enfermos de saúde mental.
En Desmontando ao PSOE abordamos oito temas: a inseguridade e incerteza sobre o cambio de contadores de auga; o feito de que Lugo outro verán máis estivese sen espazo de baño público; a ausencia de novas sobre o novo pavillón deportivo prometido en 2021; a situación de proxectos financiados con fondos europeos como as Caldas que está pechadas; as olucións provisionais de mobilidade tralo remate das obras de peonalización, unha provisionalidade que tamén se aprecia na creación dunha brigada de obras paralela á que existe ou a falta de axilidade na xestión administrativa que provoca risco de que asociacións perdan subvencións.
En Desmontando ao BNG ademáis de recriminar a incoherencia do BNG por privatizar en contra do seu discurso servizos públicos como o do vello cárcere lembramos que por segundo curso consecutivo Lugo se queda sen Escola Municipal de Música; abordamos os problemas de falta de persal na Escola Gregorio Sanz; a ausencia dunha ordenanza propia que regule o uso do Auditorio Fuxan os Ventos e a ausencia dunha política de mobilidade. Iso por non falar de da retirada de fondos de educación para o San Froilán a pesar de ter preto de 1,5M€ para a súa organización.
No espazo Estivemos contigo damos conta dalgunhas das actividades realizadas nos últimos 4 meses con persoas de todas as idades “unha nova edición do espazo infantil de Augas Férreas; reunión coa mocidade; a celebración do primeiro ano de vida do Centro para maiores no Barrio da Residencia e mesmo a reunión cos promotores dun novo proxecto para os nosos mairoes no barrio de Recatelo onde gañaremos 115 novas prazas. Non fala o espazos para aqueles coletivos que defenden un lugo máis integrador ou reunións do noso día a día reforzando o diálogo con diferentes colectivos; as reunións nas 54 parroquias e nos diferentes barrios de Lugo e a participación en eventos que potencian a cultura e o turismo de Lugo.
