Sen categoría

Elena Candia: “Se o goberno local sobe os impostos e incrementa a debeda, debe garantir un uso eficiente e responsable dos recursos públicos”

By 16 Xaneiro, 2026Sin comentarios
  • O Grupo Municipal propón reorientar proxectos fracasados como as Caldas do Miño, nas que se derrocharon 1,4 M€, e que permaneceron máis de 12 meses pechadas, nos case tres anos dende a súa inauguración, e que na actualidade segue pechada

    O PP elevará  unha iniciativa a pleno para que o goberno local  estude  alternativas  para reorientar o uso das Caldas do Miño, compatibles coa normativa europea, e así evitar que continúen sendo uns espazo infrautilizado e custoso para a veciñanza.

     

    Os populares lembraron como nas Caldas do Miño derrocháronse 1.400.000 € (923.621 euros a construcción – 400.000 € o mantemento). Consideran que se trata dun proxecto fracasado xa que sufriron peches intermitentes dende a súa inauguración en marzo de 2023 e “dos case 3 ANOS que levan abertas estiveron 1 ano pechadas”.

     

    Rigor na xestión: prioridades sociais primeiro

     

    O PP explica que é necesario rendibilizar  o gasto realizado nesta infraestrutura para evitar que continúe a ser un espazo infrautilizado que xera custos innecesarios aos veciños. Insisten  en que o goberno local debe levar a cabo un uso eficiente e responsable dos recursos públicos e lle pide ao goberno local que, diante da convocatoria do Novo Norte, non repita os erros cometidos con instalacións como as Caldas, o Carril Bici ou o Impulso Verde

     

    Durante a comparecencia o PP tamén lamentou que o goberno local levase a cabo unha modificacións orzamentarias mediante transferencias de crédito a pesar de non existir orzamentos municipais aprobados, reducindo case un millón de euros dos fondos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para financiar medidas tecnolóxicas asociadas ao control de accesos da Zona de Baixas Emisións (ZBE) no casco histórico.“Non compartimos que prioricen quitar fondos para as persoas en situación de necesidade para pagar unhas cámaras de control de tráfico”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies